AD

Comarca

Localizado con vida o octoxenario perdido en A Estrada

today19 diciembre, 2024

Fondo
share close
AD

Os axentes da Garda Civil atopárono en bo estado nunha pista forestal tras un amplo dispositivo de busca no que colaboraron os drons da Axega e que se dilatou durante a madrugada.

O home saíra co seu coche a dar un paseo cando se desorientou e acabou perdido nunha pista forestal. De feito, foi o seu afillado quen alertou ao 112 Galicia pasadas as 18:30 horas para sinalar que recibira unha chamada do implicado, desorientado. O seu terminal estaba vinculado a un teléfono fixo e non tiña posibilidade de localización, pero si que mantivo contacto cos xestores do 112 Galicia.

No operativo de busca, que se prolongou durante a madrugada e que estivo coordinado pola Garda Civil, tamén participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, a Unidade Operativa de Drons da Axega, o GES e o Servizo Municipal de Protección Civil da Estrada e a Policía Local.

Foron os propios axentes da Garda Civil os que localizaron ao home nunha pista forestal ao fío das 4:30 horas. Foi finalmente trasladado nun vehículo todoterreo da Axencia Galega de Emerxencias ata o centro de saúde da Estrada, onde se lle prestou asistencia sanitaria.

Escrito por Líder Redacción

Comentarios de las entradas (0)

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *