AD

Deportes

Luis Penido celebra o seu 30º aniversario de traxectoria deportiva competindo en Austria

today16 abril, 2026

Fondo
share close
AD

O 13 de abril de 1996, no Rali de Noia, marcou o inicio da fructífera carreira deportiva do Luis Penido Rally Team no automobilismo. Trinta anos despois, e tras competir en máis de 200 probas automobilísticas, Luis Penido sigue dando guerra.

Tras unha tempada 2025 histórica para o equipo compostelán e para o automobilismo galego, co título continental no Campionato de Europa de Montaña dentro do Grupo 5 (FIA European Hillclimb Championship – eHC), Luis Penido e o seu equipo inician a tempada 2026 en Rechberg (Austria) na primeira proba do FIA eHC os días 24 ao 26 de abril, facendo unha escala previa en Bolzano (Italia) para recoller o seu flamante Renault Clio Cup EVO, que tantas ledicias deu ao equipo o ano pasado, despois da posta a punto do vehículo polo preparador italiano Bicciato.

En palabras do piloto santiagués, Luis Penido, «comenzamos o 2026 coa moral a tope, tralo recoñecemento como Deportista de Alto Nivel polo Conselo Superior de Deportes, e sairemos a dalo 100% dende o primeiro momento da tempada, como é costume en nos, para competir contra os mellores pilotos de Europa da especialidade nesta proba austríaca, que é considerada como unha das probas de montaña máis exixentes de Europa».

Escrito por Líder Redacción

Comentarios de las entradas (0)

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *