AD

Actualidad

Máis de 10.000 euros recadados no IV Fest for Dent para a investigación da enfermidade de Dent

today11 julio, 2025

Fondo
share close
AD

A cuarta edición do Fest for Dent celebrouse con grande éxito, superando todas as expectativas e recadando máis de 10.000 euros que se destinarán ao equipo de investigación NefroCHUS do Hospital Clínico Universitario de Santiago de Compostela. Esta doazón contribuirá ao estudo da enfermidade de Dent, unha doenza renal minoritaria que aínda non ten cura.

O evento, organizado pola Asociación Art for Dent, combinou cultura, gastronomía e solidariedade a través de tres iniciativas clave:

  1. Concerto de Abraham Cupeiro (30 de maio) – Unha actuación emotiva e solidaria no auditorio da Casa da Cultura de Bertamiráns.

  2. Semana de tapas solidarias «Berta Tapas» – Participaron os locais Sicilia in Boca, Petiscos, Onde Keiras e Street Garden, implicándose totalmente na causa.

  3. Gran festival no Parque do Ameneiral (21 de xuño) – Unha xornada chea de música, sorteos e arte, con centos de asistentes e o apoio fundamental dos Concellos de Ames e Brión.

A asociación quixo destacar o labor de Fran Rei e Manuel Rei, organizadores desde a primeira edición, así como o apoio de O Novo Faro, voluntarios, establecementos e artistas.

«Grazas por sumar, por confiar e por crer. Seguimos adiante, con máis forza ca nunca», remarcaron os organizadores.

Este logro supón un avance significativo na loita contra a enfermidade de Dent, demostrando que a unión e a solidariedade fan posible achegar esperanza ás persoas que a padecen.

Escrito por Líder Redacción

Comentarios de las entradas (0)

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *