Listeners:
Principales oyentes:
play_arrow
Radio Líder Santiago – 97.7Fm Santiago de Compostela
today23 febrero, 2026
O Pino. 23-2-26.- O primeiro desfile de Entroido organizado polo Concello do Pino foi todo un éxito. Máis de 200 persoas participaron no XXVI Concurso de disfraces e percorreron as rúas do pobo nun desfile que foi seguido por numeroso público e celebrado este domingo de Piñata tras ser aprazado a semana anterior polo mal tempo.
A Charanga NBA abriu a comitiva entroideira, que saíu das inmediacións do colexio e, pola rúa do Concello, se achegou ata a casa consistorial, aplaudido por numeroso público que aplaudiu a orixinalidade dalgúns dos disfraces.
Un grelo namorado co seu ramo de rosa, a deusa da noite, as dúas Marías, a cesteira, o cigardelo, os policías, o rato Pérez co seu dente, a música andante, os vikingos do Tambre ou As craiolas que molan, ou a Arca de Boqueixón foron algúns dos disfraces que percorreron as rúas dos Pino. Pechaba o percorrido a comparsa A maxia de Cerdeiriñas, da Asociación Culutural Garatuzas, de Piloño, na que participaban máis de 40 persoas chegadas dende Vila de Cruces.
Tras rematar o desfile, as máis de 200 persoas participantes no desfile fixeron unha pequena actuación na praza de Forcarei para que o xurado puidese facer a correspondente avaliación para establecer os premios.

Os gañadores nas diferentes categorías no Concurso de disfraces do Pino foron:
Infantil: A deusa das ás da noite e O grelo namorado.
Individual: A cesteira.
Parella: Ó fin nos independizamos.
Grupo: As pitas de Vilachá, toda unha vida confinada.
Carroza: O tren turístico de Bama.
Comparsa: Inserso de cuarto da ESO
Máis orixinal: A maxia de Cerdeiriñas.
A festa rematou co concerto da orquestra Trebol.
Escrito por Líder Redacción


2024 © Propiedad de Dezasete Media SL - 97.7 Fm
Comentarios de las entradas (0)