AD

Comarca

A Xunta reforza con 360.000 € o SAF de Touro tras unha reunión coa alcaldía

today23 febrero, 2026

Fondo
share close
AD

A conselleira de Política Social e Igualdade, Fabiola García, reuniuse co alcalde de Touro, Jesús Reboredo, para avaliar o funcionamento dos servizos sociais no municipio. Durante o encontro, trasladoulle o compromiso da Xunta de Galicia coa atención a todas as persoas maiores e o esforzo do Goberno galego por reforzar os recursos no rural.

A titular autonómica felicitou ao rexedor pola xestión do Servizo de Axuda no Fogar (SAF), que conta cunha ratio do 98%. Ademais, destacou que grazas ao acordo entre a Xunta e a Fegamp, nos vindeiros anos o Executivo galego inxectará 360.000 euros máis para a prestación deste servizo, o que permitirá manter as boas cifras actuais e reforzar a atención ás persoas maiores.

Fabiola García tamén subliñou que a Xunta inviste 295.000 euros anuais en Touro para financiar 59 Bonos Coidado no Fogar, unha prestación moi demandada polas persoas dependentes para poder ser atendidas no seu domicilio. Segundo recalcou, trátase dunha axuda que responde ao desexo de moitos maiores de pasar a súa vellez no entorno no que sempre viviron.

Do mesmo xeito, lembrou que o Goberno galego financia no municipio 34 prazas públicas de atención residencial e diúrna.

Pola súa banda, o alcalde trasladou á conselleira a necesidade de crear recursos de atención diúrna para as persoas maiores do concello. Neste sentido, Fabiola García recomendoulle solicitar a creación dunha Casa do Maior, un servizo impulsado pola Xunta para potenciar a atención gratuíta nos municipios rurais. Actualmente, Galicia conta con arredor de 800 prazas deste tipo.

Escrito por Líder Redacción

Comentarios de las entradas (0)

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *