AD

Comarca

Máis de catrocentas persoas participaron na Festa dos Maiores de Brión

today8 septiembre, 2025

Fondo
share close
AD

8 de setembro de 2025– Unhas 420 persoas participaron na Festa dos Maiores do Concello de Brión, celebrada esta fin de semana no polideportivo municipal de Brión. Un acto presidido polo alcalde, Pablo Lago Sanmartín, quen estivo acompañado pola concelleira de Maiores, Rosa Romero; Cultura, Sandy Cebral; Medio Rural, José Antonio Vidal; e Festas, Carlos Noya; así como polos concelleiros do PP María Fariña, Yolanda Rico e Emilio Jesús Aparicio.

O alcalde brionés destacou que este evento é “unha das datas máis importantes do ano para nós, xa que con esta xornada queremos render homenaxe a todas as persoas maiores que viven en Brión”. Así mesmo, aproveitou para animalos a participar nas actividades para maiores que teñen lugar no centro social polivalente, que inclúen baile quincenal con música en directo, piscina, ximnasia, mente activa e grupo de teatro. Unhas clases que darán comezo o 1 de outubro e para as que se abrirá inscrición este venres 12 de setembro.

Os maiores presentes no polideportivo municipal desfrutaron dunha comida de confraternización a base de empanada, polbo e carne ao caldeiro, con tartas de queixo e de améndoas de sobremesa, servidas polo restaurante Casa Taboada. A música correu a cargo da cantante local Ruth Cundíns e do grupo de gaitas Xoldra, de Rois.

Escrito por Líder Redacción

Comentarios de las entradas (0)

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *