AD

Comarca

Máis de medio cento de persoas participaron en Pereira na cuarta edición do Pino Aventura

today2 junio, 2025

Fondo
share close
AD
  • Achegáronse ao Pino grupos de Lugo, de Vigo, de Cambados, de Moaña ou de Ponteareas
  • Escadrón suicida, trío do Pino, impúxose na categoría de maiores de doce anos e AntonIagos, de Santiago, na de pequenos piñeiros

O Pino. 2-6-2025.-  Escadrón suicida, o único equipo do Pino participante, alzouse como o flamante vencedor dunha nova edición do Pino Aventura, iniciativa coa que o Concello busca  fomentar a práctica de exercicio ao aire libre, o espíritu de equipo e dar a coñecer distintas paraxes do municipio. Na categoría de pequenos piñeiros, aqueles nos que algún participante ten menos de doce anos, impúxose un equipo de Santiago: AntonIagos.

Máis de medio cento de persoas déronse cita o sábado 31 de maio na cuarta edición do Pino Aventura, actividade que puxo a proba o sentido da orientación e a capacidade resolutiva dos participantes. Cinco equipos de pequenos piñeiros e outros oito de piñeiros tomaron parte na aventura, que nesta ocasión se desenvolveu por diferentes paraxes de San Miguel de Pereira, logo de dar a coñecer Arca, A Tarroeira e Ferreiros en anteriores edicións.

Ademais de equipos do Pino, de Santiago ou de Arzúa, ata o noso concello se achegaron grupos de Lugo, de Vigo, de Cambados, de Moaña ou de Ponteareas. Todos eles tiñan como misión atopar unha serie de localizacións e, nalgúns dos casos, resolver ademais probas de lóxica ou de coñecemento. Tamén contaron cunha proba de habilidade, centrada desta volta no tiro con arco.

Uns petiscos rematado o tempo de competición, limitado a dúas horas e media, puxéronlle a guinda a unha xornada de exercicio, diversión e convivencia organizada coa axuda da empresa Territorio Comanche.

As clasificacións e as respostas correctas poden consultarse na páxina web do  Concello do Pino nesta ligazón: https://opino.gal/mais-de-medio-cento-de-persoas-participaron-en-pereira-na-cuarta-edicion-do-pino-aventura/

Escrito por Líder Redacción

Comentarios de las entradas (0)

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *