AD

Actualidad

Manuel César (BNG) renuncia á súa acta de concelleiro en Santiago por motivos persoais

today13 octubre, 2026

Fondo
share close
AD

Manuel César Vila, concelleiro de Economía e Facenda, Persoal, Contratación e Modernización do Concello de Santiago, anunciou este martes a súa renuncia á acta por circunstancias persoais e familiares.

O edil comunicou a decisión en Raxoi xunto á alcaldesa, Goretti Sanmartín. Vila formaba parte da corporación desde 2023, cando concorreu como número cinco da candidatura do BNG, e durante este mandato asumiu áreas clave da xestión municipal.

Tras coñecerse a súa marcha, o BNG de Compostela trasladoulle o seu apoio e agradeceu publicamente o seu traballo e compromiso durante estes tres anos de mandato, así como a súa traxectoria como militante nacionalista. A formación confía en que, cando as súas circunstancias persoais llo permitan, continúe vinculado á defensa de Galiza e dos principios que representa o BNG.

Escrito por Líder Redacción

Comentarios de las entradas (0)

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *