AD

Actualidad

Marta Cabello e Carlos Porto gañan en Padrón a XLIII Carreira Popular de Pascua

today30 marzo, 2024

Fondo
share close
AD

 

 

 

Atletismo Sar foi o club con maior participación de atletas e José Pantín, de 78 anos, o máis veterano da proba

Participaron uns 700 atletas entre categorías escolares e absoluta

Elisa Boullosa e Martín Lestido foron os primeiros padroneses en cruzar a meta

Padron. 30-3-2024.- Marta Cabello Arias, do Club de Corresdores, e Carlos Porto Pazos, da S. Gimnástica de Pontevedra, foron os gañadores absolutos da XLIII Carreira Popular de Pascua que organiza o Concello de Padrón, e na que este ano participaron uns 700 atletas entre as categorías escolares e absolutas, nunha mañá na que a choiva foi a protagonista. Os mellores atletas padroneses foron Elisa Boullosa e Martín Lestido. O concelleiro de Deportes, Luis Mariño, e a tenente de alcalde Chus Campos entregaron os trofeos aos gañadores e gañadoras.

Marta Cabello (47:53) sacoulle na meta case sete segundos a Nerea Sánchez Rocha, do NoSportLimit (54:15), que quedou segunda, e a María Yolanda Gutiérrez, do Coruña Comarca, que rematou a proba en 54:48 segundos.

Na categoría masculina o gañador absoluto foi Carlos Porto Pazos (42:12), seguido de Daniel Gómez Otero (43:48) e de David Troncoso Garrido (44:33), ámbolos dous do CD Delikia.

O atleta máis veterano en rematar a proba foi José Pantín López, que sigue amosando o seu bo estado de forma aos 78 anos de idade. Outro veterano, Jesús Berna, foi o último corredor en cruzar a liña de meta.

Na clasificación por clubs, o C.A. Sar foi o que contou cun maior número de participantes
nesta proba, que remataron 21 dos 22 atletas inscritos. O segundo posto nesta clasificación
foi para o F.C. Noitebra (remataron 6 atletas).

A proba nas categorías escolares tamén contou cunha numerosa participación, máis de 300
nenos e nenas animáronse a correr a pesar do mal tempo.

As clasificacións na proba absoluta por categorías quedaron deste xeito:

Sub 20/23: Arrat Pazos e Javier Ordóñez.

Sénior: Iria Senra, Aidara Betanzos e Noelia Lojo; e Ismael García, Martín Lestido e Xacobe
Fontán.

Máster 1: Isabel González, Elisa Boullosa e Ángeles Val; e Roberto Prieto, Nicolás Domínguez e Antonio Amilcar.

Máster 2: Soledad Leiro, Vanessa Rama e María Tarrío; e Abel Barros, Fernando Vázquez e
Marcos Lado.

Máster 3: Mercedes Blanco e Begoña Martínez; e José Suárez, Santiago Falcón e Ramiro Pérez.

Categorías escolares

Nas categorías escolares houbo medallas para os participantes e as clasificacións, nas
probas competitivas, quedaron do seguinte xeito:

Sub-10: Celia Mella, Gabriela López e Lara Guerra; e Alexandre Vega, Nico Camino e Pablo
Gosende.

Sub-12: Aitana García, Ainhoa Reboiras e Mariña Portas; e Guillermo Perez, Sabier Rodil e
Sergio Coira.

Sub-14: Martina Gómez, Ainoa Galán e Judit Barros; e Pablo Barreiro, Marcos Barcala e Hugo Cordal.

Sub-16: Carmen Paz, Rebeca Perea e Sabela Raposo; e Xoel Franco, Diego Ambite e Martín Miguens.

Sub-18: Alba Felpero, Sarah Diaz e Aiala García; e Daniel Maneiro, Saúl Alcalde e Iván Rey.

Escrito por Líder Redacción

Comentarios de las entradas (0)

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *


0%