AD

Comarca

Boiro acomete actuacións de mellora na antiga escola unitaria de San Ramón de Bealo

today24 septiembre, 2026

Fondo
share close
AD

O Concello de Boiro leva a cabo arranxos na unitaria de San Ramón de Bealo, unha actuación enmarcada no plan de melloras nos centros sociais e veciñais do municipio. O alcalde, José Ramón Romero, e a concelleira de Cultura, María Outeiral, visitaron o lugar para coñecer o estado de execución das obras.

As actuacións, dun importe de 47.516,70 euros, teñen como finalidade a reparación, rehabilitación e mellora da antiga escola unitaria de San Ramón de Bealo que actualmente se utiliza como centro veciñal para a realización de actividades e xuntanzas.

O actual estado presentaba certas deficiencias a consecuencia do paso do tempo, o que provocaba humidades e outros danos que afectaban á seguridade e á funcionalidade do inmoble. As actuacións que se están a levar a cabo contemplan a mellora da imaxe exterior do inmoble, incrementando as condicións de seguridade, accesibilidade e habitabilidade do espazo.

Esta actuación está enmarcada no Plan de renovación de Centros Sociais e Comunitarios do Concello de Boiro entre os que tamén se atopan o Centro Social de Cures, o Centro Social de Cabo de Cruz ou a unitaria da Ponte Beluso.

 

Escrito por Líder Redacción

Comentarios de las entradas (0)

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *