Listeners:
Top listeners:
Radio Líder Santiago – 97.7Fm Santiago de Compostela
today1 marzo, 2024
Irene Bazo Cueto gañou o Premio Despunte ao Mellor Traballo Fin de Estudos do Grao en Deseño de Produto
Mª Cristina Matos Saavedra obtivo o Premio ao Mellor Proxecto Sostible de tódalas especialidades
Lucía Mosquera Suárez foi Premio Despunte ao Mellor Proxecto Final do Ciclo Superior de Xoiaría Artística
Martín Acuña recibiu o Premio Despunte ao Mellor Traballo Fin de Estudos do Grao en Deseño de Moda na Gala celebrada na Cidade da Cultura e presentada por Diana Nogueira. Dora Casal, CEO de Roberto Verino (patrocinador do premio) e Maria Eugenia Pérez Fernández, directora xeneral de Formación Profesional, entregáronlle o recoñecemento que está dotado con 1.500€.
Non foi o único premiado nunha noite sempre cargada de emoción, nervios e ilusión que reuniou no Museo Gaiás ao alumnado da EASD Mestre Mateo, o profesorado con representantes da industria e 500 persoas no público. Ao longo das súas 13 edicións, Despunte foi medrando e evolucionando cara o actual formato de Gala. Neste ano, ademais, comezou ás 18h para darlle ao público a oportunidade de ver exposición dos tres mellores proxectos fin de estudos do resto das especialidades que tamén se imparten na Escola (Deseño de Produto, Fotografía, Técnicas Escultóricas e Xoiaría Artística). Ademais dos desfiles das coleccións correspondentes a Despunte (25 coleccións do alumnado recén egresado no Grao en Ensinanzas Artísticas Superiores en Deseño de Moda) e Miscelánea (18 coleccións do alumnado de 3º de Estudios de Moda) o público puido ver sobre a pasarela os 24 looks do Desfile da colaboración dos Estudos de Xoiería con Encaixe de Camariñas.
Irene Bazo Cueto foi Premio Despunte ao Mellor Traballo Fin de Estudos do Grao en Deseño de Produto, dotado con 1.500€ e Patrocinado pola Axencia Galega de Innovación. Patricia Argerey, directora da Axencia Galega de Innovación entregou o galardón que recolleu Araceli Díaz, profesora da premiada.
Lola Armesto recibiu de mans de Manuel Heredia, director xeral de Comercio e Consumo o Premio Fusión Artesanía e Moda, dotado con 1.000€ e patrocinado por Artesanía de Galicia.
Cristina Matos Saavedra obtivo o Premio ao Mellor Proxecto Sostible de tódalas especialidades, dotado con 1.000€ e patrocinado por Signus Ecovalor. Fernando Coucheiro, delegado da zona noroeste de Urbaser entregou o premio en representación de Signus Ecovalor.
Laura Salgado gañou o Premio Miscelánea ao Mellor Proxecto de Moda de 3º curso do Grao en Deseño de Moda, dotado con 500€ e patrocinado por Naf Naf Santiago e Aquelando Eventos. María Piñeiro, de Naf Naf Santiago foi quen llo entregou.
O Premio á Mellor Colección Modiña, consistente na realización dun editorial de moda e posterior publicación na revista Galicia de Moda, así como na participación dentro da vindeira edición do programa Modiña foi para Alicia Gómez García.
Lucía Mosquera Suárez é a gañadora do Premio Despunte ao Mellor Proxecto Final do Ciclo Superior de Xoiaría Artística, dotado con 500€ e patrocinado por Artesanía de Galicia. Manuel Heredia, director xeral de Comercio e Consumo foi o encargado de entregarllo.
Naiara Esparís García obtivo o Premio Despunte ao Mellor Proxecto Final do Ciclo Superior de Fotografía, dotado con 500€ e patrocinado por González Almacén. Pablo González, xerente de González Almacén, fíxolle entrega do mesmo.
Fausto García recibiu de mans de Elena Fabeiro, xerente de Artesanía de Galicia o Premio Despunte ao Mellor Proxecto Final do Ciclo Superior de Técnicas Escultóricas. O galardón está dotado con 500€ e patrocinado por Artesanía de Galicia.
Anastasia Rodriguez Lijachova foi a gañadora do Premio Fusión Encaixe de Camariñas e Xoiaría, consistente no colexiado durante 2 anos para a persoa gañadora. Está patrocinado polo Colexio Oficial de Xoiaría coa colaboración da Mostra do Encaixe de Camariñas. Óscar Rodríguez, presidente do Colexio e Sandra Ínsua, alcaldesa do Concello de Camariñas o entregáronlle o premio.
Sofía Rivas Souto gañou o Premio «A Lingua da túa Terra» ao Mellor Proxecto que pon en valor a lingua e cultura galegas, dotado con 200€ e patrocinado por Galteo, Departamento de Dinamización da Lingua Galega da EASD Mestre Mateo. Rosa Figueroa, coordinadora do departamento fixo a entrega.
Escrito por Líder Redacción
compostela desfile Despunte galicia mestre mateo moda radio lider santiago santiago
2024 © Propiedad de Dezasete Media SL - 97.7 Fm
Comentarios de las entradas (0)