AD

Actualidad

Medrar en poboación e en empresas, os retos do novo goberno de Rianxo

today8 mayo, 2024

Fondo
share close
AD

Este mércores participaba en Radio Líder Santiago o alcalde do Concello de Rianxo, Julián Bustelo, para abordar distintos asuntos da actualidade municipal, con Álvaro Veiga, cando está a piques de cumprirse o seu primeiro ano de goberno.

Bustelo chegaba a coller o bastón de mando tras ser o candidato de Rianxo en Común, a forza máis votada nas pasadas eleccións conseguindo 5 concelleiros, o mesmo número de edís que o PSOE e o PP, xunto aos dous logrados polo BNG.

Tras un periodo de goberno en coalición entre o PSOE e o BNG, o novo alcalde afronta a xestión municipal en minoría e cun equipo de goberno de tan só cinco persoas. Explica que «con cinco concelleiros trabállase ben, pero hai que traballar máis» xa que «temos no noso ADN o diálogo como forma de entender a política».

Do seu primeiro ano como alcalde recoñece o esforzo administrativo importante para licitar e executar obras por 1,3 millóns de euros, principalmente de abastecemento e saneamento en moitos núcleos do municipio, así como o arranxo en distintas pistas. Menciona o problema engadido de «poñer en orde as contas municipais, xa que cando entramos tíñamos unha débeda comercial duns 2,5 millóns e que con moito esforzo logramos rebaixala á metade».

Álvaro Veiga e Julián Bustelo nos estudios de Radio Líder Santiago

A vindeira semana elebarase a pleno a aprobación duns Orzamentos municipais de preto de 9,3 millóns, unhas contas que medran un 22 % con respecto aos actuais, prorrogados dende o ano 2021. A aprobación destes Orzamentos son «fundamentais» para botar a andar as iniciativas e proxectos do seu programa electoral, o cal remarcaba dez puntos esencias para o presente e futuro dos 10.800 veciños e veciñas de Rianxo.

Neste senso, Bustelo lamenta o descenso notable de poboación que vive o municipio nos últimos anos, algo que tentará de reverter cunha serie de programas e iniciativas que axuden a que os cidadáns atopen en Rianxo aqueles servizos que antes non atopaban, e que, en moitos casos, fixeron que moitas persoas mudaran de residencia a outro concello que sí llos ofrecía. Bustelo equipara esta situación coa que vive o comercio local, cun preocupante peche de negocios. Este dous aspectos, son sen dúbida, onde o novo equipo de goberno porá todo o seu esforzo para converter a Rianxo nun concello atraente para vivir e inverter, e non todo o contrario como ata o de agora. Eso sí, deixa claro que nos seus plans de futuro non está o fusionarse con outro concello limítrofe, como método para cortar de raíz a despoboación.

Finalmente o rexedor non esconde que para que o Concello de Rianxo, ou calquera outro de Galicia, continúe medrando e mellorando a calidade de vida dos seus cidadáns é preciso da colaboración entre administracións, como a que existe coa Deputación e, en menor medida, coa Xunta. Tamén descata o papel da Mancomunicade do Barbanza e Arousa onde se comparten moitas sinerxias, a gran maioría en Turismo, pero coa participación de alcaldes todos eles de distinta cor política.

Tes a entrevista completa no seguinte enlace.

Escrito por Líder Redacción

Comentarios de las entradas (0)

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *


0%