Listeners:
Principales oyentes:
play_arrow
Radio Líder Santiago – 97.7Fm Santiago de Compostela
Santiago de Compostela, 28 de xuño de 2026.- O tardeo gaña cada vez máis seguidores e seguidoras, tal e como se fan eco os principais medios de comunicación e as redes sociais nos últimos tempos. A banda Monoulious DOP cántalle ao este novo fenómeno de ocio etílico no seu último tema publicado o pasado 18 de xuño, baixo o título «Tardeo»; mais, sobre todo, cántalle a aqueles que o practican como a súa relixión verdadeira. Despois do seu anterior sinxelo, «Krossfit», os de Noia volven á carga cun tema irreverente e sen escrúpulos con sabor a cervexa, a verán e a terraza de bar. Máis que nunca, o último de Monoulious DOP é un convite á festa máis desenfreada, cunha boa dose da súa inconfundible retranca e cun son gamberro e discotequeiro ás cinco da tarde.
O videoclip, producido por Sara Iglesias e Alberto da Silva, de Todotofu, estará dispoñible hoxe, a partir das 21.00 horas. A tempo para ser visto despois dunha boa sesión de tardeo.
Monoulious DOP, banda imprescindible do verán galego
Monoulious DOP vén de publicar tamén as vindeiras datas da súa xira Chándal Metal Tour, edición 2026. Ano tras ano, veñen demostrando que son un dos grupos imprescindibles no panorama festivaleiro e estival en Galicia, sendo presenza habitual nas citas máis importantes do noso territorio e parte do estranxeiro, como o demostra a súa recente actuación en Vitoria-Gasteiz polo XXXVII Día de Galicia en Euskadi. Humor, ritmo, música, baile e festa que conquistan ao público alí onde pisan, con letras propias en galego e sen perder a súa identidade transgresora: así é Monoulious DOP, a túa banda favorita.
Próximas datas Chándal Metal Tour 2026
04/07 – Combarro
11/07 – Aguiño
18/07 – Sada
25/07 – Mazaricos
31/07 – Muxía
01/08 – Sarria
12/08 – Santa Comba
… e máis por anunciar!
Escrito por Líder Redacción



2024 © Propiedad de Dezasete Media SL - 97.7 Fm
Comentarios de las entradas (0)