AD

Actualidad

Muíños insta ao goberno local a supervisar o estado dos muros da rúa de Belvís

today17 marzo, 2024

Background
share close
AD

 

 

 

Denuncia a preocupación da veciñanza da zona de Quiroga Palacios que transita diariamente por esa rúa ante o abombamento do muro pola presión das árbores, e pide ao goberno que actúe para evitar desprendementos.

Santiago de Compostela, 17 de marzo de 2024. O estado dos muros na rúa de Belvís, fronte ao convento de Santa María, comeza a xerar certa preocupación entre a veciñanza da zona. Así llo trasladaron ao Grupo Socialista que lle reclama ao goberno unha análise do estado no que se atopan, así como que se tomen “as medidas necesarias” para confirmar que o tramo sexa seguro.

Nas últimas semanas houbo varios desprendementos en algún dos puntos do muro, aínda que “localizados afortunadamente” explica Gonzalo Muíños que insiste na necesidade de revisar o seu estado, toda vez que tamén estase a ver como “o muro parece dar de si e a abombarse” pola presión das árbores do parque.

Lembra Muíños que se trata dunha rúa de tránsito de persoas, e pola que pasa ademais o transporte público, algo que debe levar, insiste, a tomar medidas cautelares para garantir un risco cero: “non se trata de esperar alarmismo senón de resolver unha situación pola que os veciños da zona de Quiroga Palacios xa nos teñen trasladado a súa inquedanza”.

Written by: Líder Redacción

Post comments (0)

Leave a reply

Your email address will not be published. Required fields are marked *


0%