AD

Actualidad

Nove axencias de viaxes e touroperadores estatais coñecen o potencial turístico de Arzúa

today20 septiembre, 2025

Fondo
share close
AD

Profesionais do sector participaron nun fam trip organizado pola Deputación da Coruña en colaboración coa Concellería de Turismo, co obxectivo de coñecer o municipio e reforzar a súa proxección como destino

Arzúa, 20 de setembro de 2025.- Arzúa foi hoxe escenario dun fam trip —unha viaxe de familiarización dirixida a profesionais do sector turístico— no que participaron representantes de nove axencias de viaxes e touroperadores estatais. A iniciativa, organizada pola Deputación da Coruña coa colaboración da Concellería de Turismo de Arzúa, puxo o foco en dar a coñecer a riqueza patrimonial, gastronómica, cultural e paisaxística do municipio como destino turístico de referencia.

A xornada en Arzúa incluíu unha visita guiada polo casco urbano, o Enredo do Abelleiro, a Queixería Verbas e a Casa Rural A Curiscada. O día completouse cun xantar no restaurante Pecar, que permitiu descubrir a oferta gastronómica do municipio.

A concelleira de Turismo, Begoña Balado, subliñou a relevancia da iniciativa: “Este fam trip supón unha oportunidade única para que touroperadores e axencias de viaxes coñezan de primeira man todo o que Arzúa pode ofrecer. Queremos que leven unha imaxe completa do noso patrimonio, da nosa gastronomía e da hospitalidade que nos caracteriza, para que iso se traduza en novos visitantes e en máis proxección para o noso concello. Desde a Concellería de Turismo apostamos por posicionar Arzúa como un destino integral, máis alá do Camiño de Santiago, salientando a riqueza natural, o noso legado cultural e a calidade dos produtos locais. Queremos reforzar tamén a nosa imaxe como destino verde, atraer visitantes durante todo o ano e xerar novas oportunidades económicas para a hostalería, o comercio e o conxunto do sector turístico arzuá.”

No fam trip participaron profesionais de Geoland Vacaciones, Pol Viatges, Abacco International, Letango Tours, Hidden Corners of Spain, El Generador, Halcón Viajes, Viajeron e Civitatis, compañías con capacidade de comercializar o destino Arzúa en distintos mercados.

Escrito por Líder Redacción

Comentarios de las entradas (0)

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *