Listeners:
Top listeners:
Radio Líder Santiago – 97.7Fm Santiago de Compostela
today16 septiembre, 2025
Arzúa conta dende o pasado mes de agosto cun novo centro de día que vén cubrir unha necesidade histórica na atención ás persoas maiores. O servizo, promovido por Severino Brea, ofrece unhas corenta prazas, das cales a metade xa están ocupadas, e funciona en pleno centro da vila, na rúa Carballos Altos, na saída cara Portodemouros.
O inmoble dispón dunha superficie de 1.600 metros cadrados dentro dunha finca de 3.000, dos que 300 se destinan ao centro de día. O resto está xa en obras de acondicionamento para albergar a futura residencia da terceira idade, que contará inicialmente con 24 prazas repartidas en 12 habitacións e cuxa apertura está prevista para xaneiro.
As instalacións do centro de día inclúen salas de rehabilitación e enfermaría, comedor, catro baños, sala común, terraza e unha ampla zona verde de máis de 3.000 metros cadrados. Ademais, o centro ofrece transporte propio, recollendo os usuarios nas súas casas. O horario de funcionamento é de luns a venres, de 9.00 a 20.00 horas.
O equipo inicial está formado por dúas xerocultoras, un terapeuta ocupacional e o propio director, cun cadro de persoal que se irá ampliando segundo aumente a ocupación. Tamén se ofrecen servizos complementarios como podoloxía, perruquería, dosificación farmacéutica de medicación, acompañamento a consultas médicas e ducha semanal.
En canto aos prezos, Severino Brea precisa que “non son os dun centro público, senón os mesmos que en calquera centro de día municipal”.
Escrito por Líder Redacción
2024 © Propiedad de Dezasete Media SL - 97.7 Fm
Comentarios de las entradas (0)