AD

Comarca

O ciclo “Un cómico na aldea” regresa este sábado ao rural da Estrada

today15 octubre, 2025

Fondo
share close
AD

 

Padre Xiao, Mago Toño, As Lerchas, Quico Cadaval, Paula Carballeira e a Escola Municipal de Artes Escénicas, no elenco para esta segunda etapa do programa.

A Estrada, 15 de outubro de 2025.- O ciclo “Un cómico na aldea” regresa este sábado, 18 de outubro, ao rural estradense para ofrecer unha decena de funcións ata final de ano. Organizado polo departamento municipal de Cultura, este programa ten como principal obxectivo contribuír a descentralizar a oferta escénica habitual, combinando nas parroquias teatro, humor e comedia.

Neste 2025 decidiuse dividir o ciclo en dúas etapas, unha realizada en primavera e, despois dun alto no período estival, recuperar as funcións no outono. Cómpre lembrar que son espectáculos que se realizan nos locais sociais das parroquias e que teñen entrada completamente libre e gratuíta.

Este ano foron 20 as parroquias seleccionadas para acoller esta actividade cultural: Santeles, Orazo, San Miguel de Castro, Vinseiro, Arca, San Xurxo de Vea, Tabeirós, Lamas, A Somoza, Guimarei, Sabucedo, Santa Cristina de Vea, San Pedro de Ancorados, Cereixo, Ribela, Riobó, Cora, Pardemarín, Curantes e San Miguel de Barcala. A  pretensión é que na edición o ano que vén o ciclo recale nas outras 30.

Padre Xiao, Mago Toño, As Lerchas, Quico Cadaval, Paula Carballeira e a Escola Municipal de Artes Escénicas conforman o elenco para esta segunda etapa do ciclo.

A programación para a segunda etapa é a seguinte:

OUTUBRO
• Sábado 18 ás 18.30 horas, na Escola de Sta Cristina de Vea: O Padre Xiao e o Mago Toño.
• Sábado 18 ás 20.00, na Escola de San Pedro de Ancorados: O Padre Xiao
• Sábado 25 ás 20.00, na carpa do Campo da Festa de Cereixo: As Lerchas.

NOVEMBRO
• Sábado 1 ás 18.00, na Escola de Carracedo: Contos de medo con Paula Carballeira.
• Sábado 8 ás 20.00, na Escola de Riobó: Contos de medo con Paula Carballeira.
• Sábado 15 ás 20.00, no Teleclub de Sabucedo: Quico Cadaval.
• Sábado 15 ás 19.30, no local social de Cora: “Celtas con filtro”, da Escola Municipal de Artes Escénicas
• Sábado 22 ás 20.00, no Teleclub de Pardemarín: Quico Cadaval.
• Sábado 29 ás 20.00, no local social de Curantes: As Lerchas.

DECEMBRO
• Venres 5 ás 20.00, no local social de San Miguel de Barcala: “Celtas con filtro”, da Escola Municipal de Artes Escénicas

Escrito por Líder Redacción

Comentarios de las entradas (0)

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *