Listeners:
Principales oyentes:
play_arrow
Radio Líder Santiago – 97.7Fm Santiago de Compostela
today2 marzo, 2026
O pasado sábado 28 de febreiro e domingo 1 de marzo celebrouse en Vigo, no Pavillón Central das Travesas, o Campionato Galego de Grupos Show, unha cita clave na que os clubs participantes se xogaban a clasificación para o Campionato de España e a Copa de España.
O Club de Patinaxe Artística Brión competiu o sábado coa coreografía “SED DE SANGRE” na categoría de Grupos Show Pequenos, acadando un brillante segundo posto entre 13 clubs participantes e proclamándose subcampionas galegas.

Xa o domingo foi a quenda do Cuarteto Sénior, que coa súa proposta “THE LAST CROWN” conseguiu tamén subir ao segundo chanzo do podio, sumando así outro subcampionato galego para o club.
Estes dous excelentes resultados permiten ao club, por cuarto ano consecutivo, participar tanto no Campionato de España como na Copa de España, que se celebrarán durante os meses de marzo e abril en Guadalajara e Alcoy.
O equipo técnico, formado por Natis e Andrea Mera, amosou o seu orgullo polo traballo realizado polas súas once patinadoras: Carla G, Alba, Yaisa, Carla C, Icía, Paula A, Leire, Paula M, Zaira, Greta e Antía, destacando o esforzo, a constancia e a dedicación demostradas ao longo de todos estes meses de preparación.
Escrito por Líder Redacción


2024 © Propiedad de Dezasete Media SL - 97.7 Fm
Comentarios de las entradas (0)