Listeners:
Principales oyentes:
play_arrow
Radio Líder Santiago – 97.7Fm Santiago de Compostela
today10 marzo, 2026
Arzúa 10 de marzo de 2026. O Concello de Arzúa iniciou estes días novos traballos de mellora en camiños da parroquia de Santa María, cunha actuación que permitirá renovar o firme nun treito de arredor de 110 metros de lonxitude e uns 5 metros de ancho medio, ademais de mellorar a drenaxe da zona.
A intervención inclúe a reparación dos puntos deteriorados do firme e a renovación da capa de rodaxe mediante tratamento asfáltico. Así mesmo, executarase unha rede de pluviais de preto de 95 metros, destinada a canalizar correctamente as augas da choiva e evitar a acumulación de auga no camiño.
Os traballos complétanse coa limpeza das gabias ao longo de todo o trazado e coa reposición dun pequeno tramo de pavimento de formigón, contribuíndo a mellorar as condicións de circulación e a conservación do vial.
Esta actuación forma parte dun proxecto máis amplo de mellora da rede viaria na parroquia de Santa María, que contempla tamén a intervención no camiño entre Fonxe e Agra de Vales. Unha vez rematados os traballos neste punto, as obras continuarán nese treito, onde se renovará o firme ao longo de máis de 600 metros e se realizarán tarefas de limpeza das gabias
Escrito por Líder Redacción



2024 © Propiedad de Dezasete Media SL - 97.7 Fm
Comentarios de las entradas (0)