Listeners:
Top listeners:
Radio Líder Santiago – 97.7Fm Santiago de Compostela
today21 julio, 2025
21 de xullo de 2025.- O Concello de Brión e Espina & Delfín, empresa concesionaria do servizo de augas, veñen de poñer en marcha a campaña “A auga é vida. Aprovéitaa” co obxectivo de fomentar un consumo responsable e consciente da auga entre a veciñanza. Esta iniciativa busca sensibilizar á veciñanza sobre a importancia da preservación dos recursos naturais.
A escaseza de precipitacións e as elevadas temperaturas que se esperan para esta época estival e o avance do cambio climático, teñen un gran impacto nos caudais ecolóxicos dos ríos. Para poder manter as reservas hídricas durante as épocas máis secas é importante realizar un consumo eficiente da auga potable.
En 2024, o volume de auga consumida polos veciños do Concello de Brión foi de 731.418 m³. Isto supón unha media mensual de 60.951 m³/mes. Se nos centramos no consumo deste último ano, o seu valor máximo é na tempada estival. Así, o consumo no mes de agosto de 2024 foi de 77.762 m³, mentres que en febreiro foi tan só de 43.212 m³. Isto supón que durante o mes de agosto consumiuse en Brión un 44% máis de auga.
Por todos estes motivos, a campaña incide en pequenos xestos do día a día que poden marcar a diferencia, como pechar a billa no momento de enxaboar os pratos, non tirar lixo polo inodoro nin aceite polo vertedoiro, ducharse en vez de bañarse ou utilizar a lavadora e o lavalouzas con cargas completas. se recomenda moderar o uso de auga para encher piscinas, lavar vehículos e regar xardíns. Ademais, aconséllase pechar a chave de paso de auga da vivenda en caso de ausencia prolongadas, como nas vacacións de verán.
Esta mensaxe difundirase a través de carteis colocados nos edificios municipais, instalacións do servizo de augas, e tamén mediante as redes sociais e páxinas web
do Concello e da concesionaria. Espina & Delfín e o Concello de Brión convidan a toda a cidadanía a sumarse a esta campaña e a colaborar activamente na protección dun recurso vital e cada vez máis escaso.
Escrito por Líder Redacción
2024 © Propiedad de Dezasete Media SL - 97.7 Fm
Comentarios de las entradas (0)