AD

Destacado

O concello de Dodro pide «sentidiño» a hora de tirar o lixo

today30 noviembre, 2023

Fondo
share close
AD
  • O concello lembra que existe un punto limpo móbil que pasa por todo o concello recollendo todo tipo de residuos e pide que se use antes que tirar o lixo na rúa

Dodro, 30 de novembro do 2023-. O concello de Dodro pide a veciñanza que use o punto limpo móbil que recolle o concello antes que tirar os residuos voluminosos ao lado dos contedores.

Nas últimas datas algúns dos puntos nos que están situados os contedores están a piques de converterse en vertedoiros polo mal uso que fan algúns veciños incívicos. O alcalde, Xabier Castro, mostraba o seu enfado con esta situación dicindo que “Así non é xeito de facer as cousas, o punto limpo móbil recorre todo o concello polo que non custa nada gardar os
residuos máis voluminosos uns días máis en vez de tiralos na rúa”.

Castro tamén lamentaba a rotura que sufriu o contedor da escola de Lestrove “trátase de algo que é de todos, que compre unha función e que agora o concello terá que pagar, foi algo feito aposta e non acabamos de entender que necesidade ten ninguén de destrozar bens que son de todo”.

O departamento de Obras e Servizos emitiu hoxe un comunicado lembrando os días de paso do punto móbil, que será difundido polas redes sociais do concello, e no que lembra que tamén se pode chamar a Coregal ao 981838908 para informase e pedir a recollida a domicilio.

Escrito por Líder Redacción

Comentarios de las entradas (0)

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *


0%