Listeners:
Top listeners:
Radio Líder Santiago – 97.7Fm Santiago de Compostela
today9 septiembre, 2024
O Executivo de Julián Bustelo vén traballando dende o primeiro minuto da lexislatura na posta en funcionamento dun Centro de Día no Pazo de Rianxiño. Así o sinala a Concelleira de Política Social, Ana Vidal, para a cal “a posta en funcionamento deste servizo non só é darlle cumprimento a un compromiso electoral do Goberno de Rianxo en Común, senón que tamén supón dotar a Rianxo dun equipamento necesario e moi demandado dende fai moitos anos”.
Cabe recordar que este inmoble foi adquirido polo Concello de Rianxo no ano 2019 logo de que o Pleno da Corporación acordara, por unanimidade, mercar o pazo coa finalidade de que acollera un centro de día.
Para acadar ese obxectivo o Executivo proponse acometer as reformas necesarias para adecuar o espazo de acordo coas esixencias da normativa vixente. Estas reformas teñen que ver, fundamentalmente, coa eliminación das barreiras arquitectónicas existentes e coa dotación do equipamento necesario. A tal fin, durante estas últimas semanas, a Concelleira de Política Social e o Concelleiro de Obras mantiveron diferentes xuntanzas de traballo, incluídas visitas ao Pazo de Rianxiño e a centros de día en funcionamento en municipios veciños, con persoal técnico de Agadea nas que se abordaron estas reformas necesarias, as cales se plasmaron nun proxecto técnico.
Prevese que nos vindeiros días se analice o dito proxecto con persoal técnico da consellería responsable da Xunta de Galicia, coa finalidade de recibir o visto e prace aos traballos e, a partir de ahí, calendarizar as actuacións a executar.
Escrito por Líder Redacción
centro de dia noticias rianxo politica radio lider santiago rianxo
2024 © Propiedad de Dezasete Media SL - 97.7 Fm
Comentarios de las entradas (0)