AD

Comercio

O Concello de Rois convoca o I Concurso Adorna Rois no Nadal

today13 noviembre, 2023

Fondo
share close
AD
  • O obxectivo deste certame é implicar aos comerciantes, á hostalería, ás asociacións e á veciñanza na decoración do municipio nestas datas
  • O prazo de inscrición comeza o día 1 de decembro e remata ás 00.00 h do día 10 do mesmo mes

Rois. 13-11-2023. O Concello de Rois convoca a primeira edición do concurso Adorna Rois no Nadal co obxectivo de implicar na decoración do municipio aos comerciantes, á hostalería, ás asociacións e á veciñanza. O prazo de inscrición comeza o día 1 de decembro e remata ás 00.00 h do día 10 do mesmo mes.

Neste certame poderá participar a veciñanza de vivendas, as comunidades de persoas propietarias de edificios, as persoas responsables de hostalería, comercios e negocios que estean situados no termo municipal de Rois así como as persoas á fronte das asociacións rexistradas no municipio.

Establécense catro categorías: comercio/negocio; hostalería; vivendas, coas modalidades de comunidade de veciños e veciñas dun edificio e vivendas unifamiliares; e rede asociativa do Concello. Só se poderá participar nunha delas.

A decoración en todos os casos deberá estar exposta ata o día 7 de xaneiro de 2024 (incluído) e non poderá ser modificada, deberá ser visible dende a vía pública e non causarlles molestia á veciñanza nin ás persoas transeúntes.

As persoas que desexen participar teñen que realizar unha fotografía do decorado en formato dixital e enviala por correo electrónico co asunto ‘Concurso adorna Rois no Nadal’ ao enderezo inscricions@rois.gal.

Todas as imaxes publicaranse no Facebook do Concello o 12 de decembro e os premios entregaranse en función dos ‘Gústame’ que reciban ata o 18 de decembro. A resolución realizarase o martes día 19 de decembro atendendo ao número de ‘Gústame’ rexistrados.

Establécense dous premios por cada categoría que consistirán nunha cesta de produtos, agás na modalidade de rede asociativa no que o primeiro clasificado recibirá 200 euros e será a imaxe do vídeo da campaña de Nadal do Concello de Rois.

Escrito por Líder Redacción

Comentarios de las entradas (0)

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *


0%