Listeners:
Top listeners:
Radio Líder Santiago – 97.7Fm Santiago de Compostela
today17 marzo, 2025
O martes 18 de marzo abrirase o prazo para solicitar praza nas escolas infantís municipais de Conxo, As Fontiñas e Meixonfrío-Salgueiriños para o curso 2025-2026. A solicitude poderá realizarse a través da sede electrónica do Concello, de forma presencial no Rexistro xeral (Rúa Presidente Salvador Allende 4, Galeras) ou nas propias escolas infantís.
O prazo para presentar as solicitudes estará aberto ata o 16 de abril. As listas provisionais de admitidos/as e de agarda faranse públicas entre o 5 e o 12 de maio, e as definitivas, tras o período de reclamacións, entre o 29 de maio e o 5 de xuño.
A matrícula para todo o alumnado das escolas infantís municipais de Conxo, As Fontiñas e Meixonfrío-Salgueiriños realizarase entre o 6 e o 16 de xuño. Se non se formaliza a matrícula nesas datas, perderase o dereito á praza. As familias contarán nas escolas con toda a información e asesoramento relativo ao seu funcionamento e poderán visitar as instalacións e recoller os impresos necesarios para a formalización da matrícula. De non formalizarse a matrícula nesas datas decaerá o dereito á praza obtida e, se terá por desistido a solicitude.
Escrito por Líder Redacción
conxo Escolas municipais infantís fontiñas Meixonfrío salgueiriños Santiago de Compostela
2024 © Propiedad de Dezasete Media SL - 97.7 Fm
Comentarios de las entradas (0)