AD

Comarca

O Desfile de Entroido de Padrón contará con preto de 1.500 participantes

today8 marzo, 2025

Fondo
share close
AD

O Concello de Padrón reaxusta o calendario de festas debido ao mal tempo e ultima os detalles para a celebración da Pascua. A edil de Festas e Turismo, Chus Campos, destaca o impacto positivo da promoción turística e a aposta pola seguridade nos eventos.

O desfile de Entroido de Padrón, que contaba cunha participación récord de preto de 1.500 persoas, terá que agardar unha semana máis. A previsión de choiva obrigou ao Concello a tomar a decisión de aprazalo ao sábado 15 de marzo. «Non podíamos arriscar sabendo que temos 1.431 persoas anotadas», explicou Chus Campos. Mantense o mesmo horario, ás 17:00 horas, e o mesmo percorrido, desde a zona do Grilo ata as Lágrimas.

A programación inclúe tamén a festa Open Air, que contará con dous DJs e acompañará o desfile. «É unha asociación de rapaces e rapazas de Padrón que xa fixeron eventos importantes e que queríamos apoiar», sinalou a edil.

A celebración da Pascua, que arrinca o 19 de abril, está xa practicamente pechada. «Está todo artellado, algún fleco quedará, pero está todo organizado», comentou Campos. A música volverá ser un dos grandes atractivos, cun cartel no que «estarán as mellores orquestras de Galicia», ademais de grupos de distintos estilos como pop, rock e folk.

A edil tamén destacou a importancia da seguridade durante a festividade: «Son miles de persoas as que chegan a Padrón nestes días, polo que hai que ter todo ben preparado para que non pase nada. E se pasa, que saibamos reaccionar».

No ámbito turístico, Campos valorou moi positivamente os resultados da promoción en Fitur, que inclúe un novo irmandamento con Arjonilla (Xaén), a vila onde faleceu Macías o Namorado. Membros do goberno local desa localidade estarán presentes na feira medieval de Padrón.

Vandalismo no Paseo da Constitución

A entrevista tamén abordou o recente cambio de nome do Paseo da Desembocadura, agora denominado Paseo da Constitución. Poucos días despois da súa inauguración, este enclave sufriu actos vandálicos: «Tres días despois, a bandeira apareceu cortada e o preámbulo da Constitución, que estaba gravado en pedra, apareceu con pintadas», relatou Campos.

A edil lamentou os feitos e confirmou que se repoñerán os elementos danados: «Non imos botarnos atrás ante a idea que temos de convivencia. Queremos que todo o mundo poida pasear e sentirse incluído no noso pobo». Sobre as críticas do BNG, Campos limitouse a dicir que «cada grupo político pode tomar as súas decisións», pero que a maioría da cidadanía rexeitou os actos vandálicos.

Nova relacionada:

Preocupación no CIM de Padrón: «A xuventude normaliza condutas de control que criamos superadas»

Tes a entrevista completa no seguinte enlace.

Escrito por Líder Redacción

Comentarios de las entradas (0)

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *