AD

Arte y Cultura

O espectáculo Na cerna do son pecha o mes de outubro do Outono a escena de Arzúa

today29 octubre, 2025

Fondo
share close
AD

Arzúa, 29 de outubro de 2025. O Departamento de Cultura do Concello de Arzúa organiza para este venres a derradeira función do mes de outubro dentro do programa cultural Outono a escena que está a dinamizar as fins de semana con actuacións de artes escénicas e musicais para todos os públicos.

A Casa da Cultura acollerá este venres, día 31, un gran espectáculo de danza, poesía e música sobre a emigración galega. Titúlase Na cerna do son e chega a Arzúa da man de Gallaecia Eventos grazas á colaboración entre o Concello de Arzúa e a Deputación da Coruña para levar a cabo no noso municipio está función incluída no programa Outono das artes que impulsa o ente provincial.

Este espectáculo fusiona danza, poesía e música en directo. Tres disciplinas artísticas para render homenaxe á emigración galega ao longo do século pasado cun percorrido polas melodías e estampas que unen os continentes. Esta viaxe comeza en Galicia, percorre Latinoamérica para logo voltar a casa. O equipo artístico está formado por Luis Iglesia que pon voz á narración, polo bailarín Ricardo Fernández, Moisés Fernández ao caixón, a voz de Paty Lesta, Cristian Leggiero ao piano e encargado da dirección musical e Iván Villar á fronte da dirección artística.

O espectáculo comezará ás 21:00 horas na Casa da Cultura e a apertura de portas farase media hora antes do inicio. A entrada será libre e de balde ata completar a capacidade.

A programación de Outono a escena continuará no mes de novembro cun monólogo, teatro cómico e actividades dirixidas ao público escolar para conmemorar o Día do Infancia.

O Concelleiro de Cultura, José Luís García, anima á veciñanza a “participar nesta gran produción que conta con artistas de primeiro nivel e que trata con moita sensabilidade un tema tan arraigado en nós como a emigración”.

Escrito por Líder Redacción

Comentarios de las entradas (0)

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *