Listeners:
Top listeners:
play_arrow
Radio Líder Santiago – 97.7Fm Santiago de Compostela
today21 noviembre, 2025
21 de novembro de 2025. O auditorio do centro social polivalente acollerá mañá sábado 22 de novembro, ás 20:00 horas, a actuación de “Os veciños do lado”, da man do grupo de teatro Fauna 113. Unha comedia de entrada libre e de balde ata completar o aforo da sala. “Os veciños do lado” conta a historia dunha parella que recibe a visita dos seus novos veciños. O que nun principio semellaba unha cea de cortesía irá derivando nun xogo de dobres intencións e segredos inconfesables.
Esta actuación forma parte do programa FEGATEATRO, froito dun convenio de colaboración entre o Concello de Brión e a asociación FEGATEA e que inclúe un total de sete representacións teatrais durante os meses de outubro e novembro. Un programa que pechará a súa edición de 2025 o próximo sábado 29 de novembro cunha sesión especial de “Microteatro”, no que dúas compañías porán en escena tres pequenas obras: “As mulleres soas” e “Petición de man”, de Teatro de Cámara Ditea; e “Unha habitación con vistas”, de Teatro das Aras.
Escrito por Líder Redacción


2024 © Propiedad de Dezasete Media SL - 97.7 Fm
Comentarios de las entradas (0)