Listeners:
Principales oyentes:
play_arrow
Radio Líder Santiago – 97.7Fm Santiago de Compostela
A banda muradana actuará en Santiago o 31 de xullo como broche final a unha semana de programación festiva
O grupo The Rapants actuará o próximo 31 de xullo na Praza da Quintana, nun concerto que servirá para pechar unha semana de programación das Festas do Apóstolo 2026 en Santiago de Compostela.
O Concello de Santiago avanzou este martes a actuación da banda como un dos primeiros anuncios da programación das festas grandes da capital galega, que volverán encher as rúas e prazas da cidade de música e actividades.
A actuación de The Rapants será unha das citas musicais destacadas do programa e terá como escenario a emblemática Praza da Quintana.
A concelleira de Festas, Pilar Lueiro, ofrecerá este mércores máis detalles sobre a programación das Festas do Apóstolo 2026.
Co anuncio deste concerto, Santiago inicia a conta atrás para unha nova edición das súas festas máis multitudinarias.
Escrito por Líder Redacción




2024 © Propiedad de Dezasete Media SL - 97.7 Fm
Comentarios de las entradas (0)