AD

Comarca

O III Torneo Solidario Interparroquial recada 10.329€ para a ASANOG

today20 agosto, 2025

Fondo
share close
AD

O III Torneo Solidario Interparroquial celebrado o pasado 28 de xuño en Vista Alegre recada 10.329 euros para ASANOG, a Asociación de Cáncer Infantil e Xuvenil de Galicia. O alcalde, José Ramón Romero, participou xunto con Marga Hermo, Lara Buig e Chuco Otero e outros membros da organización na entrega do cheque simbólico que recolleu Vanessa Vidueiros por parte da asociación.

Marga Hermo agradeceu, en nome da organización “a colaboración das empresas e comercios que doaron agasallos para os sorteos e tamén de toda a xente de Boiro que se achegou ao partido e gracias á que se puido recadar esta cifra para ASANOG”.

“Esta doazón é unha mostra de compromiso e solidariedade con ASANOG, unha entidade composta por un equipo de profesionais que presta apoio ás familias de nenas e nenos con cancro nas distintas etapas”, recoñeceu Vanessa Vidueiros. ASANOG leva 13 anos prestando apoio económico, psicolóxico e de acompañamento ás familias.

O alcalde, José Ramón Romero, agradeceu a toda a organización “por esta iniciativa solidaria que logrou recadar unha cifra importante destinada a contribuir ao gran traballo que diariamente fai ASANOG”.

Escrito por Líder Redacción

Comentarios de las entradas (0)

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *