AD

Comarca

O Pico Sacro acollerá o sábado 28 de setembro o espectáculo Camiño Máxico

today19 septiembre, 2024

Fondo
share close
AD

Boqueixón, 19 de setembro de 2024.- O Pico Sacro acollerá o vindeiro sábado 28 de setembro, ás 21:00 horas, o espectáculo Camiño Máxico no Pico Sacro, da compañía Queiman e Pousa, apoiado pola Xunta de Galicia a través da Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude.

O secretario xeral da Lingua, Valentín García, participou hoxe á mañá na presentación, acompañado polo alcalde de Boqueixón, Ovidio Rodeiro, e mais polo Bruxo Queiman. A entrada é libre e de balde. Este espectáculo musical-concerto está inspirado no propio Pico Sacro e narra a lenda do Apóstolo Santiago, da Raíña Lupa e de como Compostela se converteu en faro espiritual europeo.

O alcalde de Boqueixón, Ovidio Rodeiro, convida á veciñanza a asistir a este espectáculo xa que “vai ser unha noite máxica pois que mellor que o propio Pico Sacro para acoller este espectáculo de teatro e música folk-rock sobre a historia do Camiño de Santiago e as lendas en torno ao noso monte Ilicino”.

Escrito por Líder Redacción

Comentarios de las entradas (0)

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *


0%