AD

pico sacro

9 Resultados / Página 1 de 1

Fondo
AD

Comarca

O mes de xullo pecha cunha noite poético-musical no entorno do Pico Sacro

O acto terá lugar o vindeiro xoves día 30 na ladeira da montaña de 20 a 22 horas O Concello de Boqueixón ofrece unha noite poético-musical no entorno do Pico Sacro, un faro natural que bica o ceo a 530 metros de altura neste municipio. O recital en cuestión terá lugar o vindeiro xoves día 30 como peche deste segundo mes de verán e acollerá na ladeira da montaña unha mistura única de poesía, música e pintura. O acto dará […]

today10 julio, 2026

Comarca

Boqueixón impulsa os “Tardeos no Pico Sacro” para potenciar o turismo e os produtos locais

O alcalde de Boqueixón e o chef lalinense Álex Iglesias presentarán esta iniciativa nun “Almorzo saudable” coa rapazada do Verán Activo Boqueixón, 29 de xuño de 2026.- O alcalde de Boqueixón, Ovidio Rodeiro, e o chef Álex Iglesias presentarán mañá martes 30 de xuño a iniciativa “Tardeos no Pico Sacro”. Unha presentación que terá lugar no aparcamento do Monte Ilicino ás 11:30 horas e no que tamén estarán presentes uns corenta nenos e nenas do programa de conciliación Verán Activo, […]

today29 junio, 2026

Comarca

Lume Sagrado no Pico Sacro

Boqueixón, 21 de xuño de 2026.- O Pico Sacro foi este mediodía escenario da lendaria Cerimonia do Lume Sagrado. O tempo acompañou e o séquito da Raíña Alda puxo en escena este ritual celta co que os nosos devanceiros celebraban a chegada do Solsticio de Verán, obtendo o lume directamente do sol.. Encabezados pola Raíña Alda e polo seu Druída, os integrantes da Asociación da Fervenza do Castro de Callobre (A Estrada) concentráronse na contorna do aparcamento do Pico Sacro […]

today21 junio, 2026

Comarca

O Pico Sacro acollerá este domingo a Cerimonia do Lume Sagrado

As persoas que desexen unirse ao séquito da Asociación Cultural O Castro da Fervenza poden solicitar un traxe no Departamento de Formación, Emprego e Turismo de Boqueixón antes deste venres O Pico Sacro de Boqueixón acollerá este domingo 21 de xuño, ás 13:00 horas, a tradicional Cerimonia do Lume Sagrado. Trátase dunha celebración de orixe celta baseada na historia da raíña Alda e que recuperará de forma simbólica a tradición dos nosos devanceiros de obter o “lume sagrado” directamente do […]

today17 junio, 2026

Comarca

O Pico Sacro busca ser BIC e formar parte das Montañas Sagradas do Mundo

O centro de interpretación do Pico Sacro en Boqueixón acolleu a pasada fin de semana a sétima edición do ciclo “Un Mes e Pico” Boqueixón, 22 de outubro de 2025.- “Estou convencido de que todos xuntos conseguiremos ese obxectivo común: que o noso Pico Sacro sexa declarado Ben de Interese Cultural. Pero tamén vos digo que o traballo non vai acabar aí. Como en Boqueixón somos xente emprendedora e sen medo a nada, xa vos adianto outro desafío no que […]

today22 octubre, 2025

Comarca

O Pico Sacro acolle este venres unha espectacular actuación da compañía Queiman e Pousa

Boqueixón, 11 de setembro de 2025.- O Pico Sacro acollerá mañá venres 12, ás 21:00 horas, un concerto-espectáculo da compañía Queiman e Pousa. Unha actuación que mestura tradición celta con música rock e que está organizado polo Concello de Boqueixón e a Xunta de Galicia. A entrada é totalmente libre e de balde. No espectáculo participan un total de once artistas, entre cantantes, músicos e actores. Durante preto dunha hora, ofrecerán unha posta en escena impactante, cunha coidada estética visual […]

today11 septiembre, 2025

Comarca

O Pico Sacro acolle este domingo a Cerimonia do Lume Sagrado

As persoas que desexen unirse ao séquito da Asociación Cultural O Castro da Fervenza poden solicitar un traxe no Departamento de Turismo de Boqueixón antes do venres Boqueixón, 18 de xuño de 2025.- O Pico Sacro de Boqueixón acollerá un ano máis a Cerimonia do Lume Sagrado, paralizada durante a pandemia e que se recuperou o ano pasado. Así, este domingo 22 de xuño, ás 13:00 horas, o monte ilicino acollerá unha celebración celta encabezada pola raíña Alda e o […]

today19 junio, 2025

Comarca

O alcalde de Boqueixón anuncia unha forte inversión en infraestruturas municipais

O alcalde de Boqueixón, Ovidio Rodeiro, participou este mércores nunha entrevista en Radio Líder Santiago onde avanzou parte da axenda cultural e de investimentos do Concello, con especial protagonismo para o Pico de Maio, a festa tradicional que se celebra no Pico Sacro, "a montaña máis simbólica de Galicia", segundo palabras do propio rexedor. "Xa o dicía Castelao no seu último discurso en Bos Aires: o Pico Sacro é o altar de Galicia", lembrou Rodeiro, reivindicando o valor cultural e […]

today22 mayo, 2025

Actualidad

Boqueixón organiza 28 baixadas ás entrañas do Pico Sacro

Realizaranse 28 baixadas entre os meses de xuño a setembro, nas que poderán participar 140 persoas A primeira visita, de 2 horas de duración, terá lugar o sábado 29 de xuño. O prezo é de 30 €/persoa (20 € empadroadas en Boqueixón) Boqueixón, 8 de xuño de 2024.- O Concello de Boqueixón e a Federación Galega de Espeleoloxía organizarán un total de 28 visitas guiadas á cova do Pico Sacro, que terán lugar os durante sete sábados dos meses de […]

today10 junio, 2024

AD