Listeners:
Top listeners:
Radio Líder Santiago – 97.7Fm Santiago de Compostela
today15 septiembre, 2025
• A oferta para menores incorpora este ano ilustración dixital, deseño gráfico e IA, ademais de cultura creativa e aula aberta
• Mantéñense os obradoiros de memoria e de risoterapia nos locais sociais, así como bolillos e costura na casa da cultura para persoas adultas
O Pino. 15-9-2024.- O Concello do Pino incorpora este ano a ilustración dixital e deseño gráfico para menores de idade na oferta das actividades de lecer e culturais que se desenvolverán durante o presente curso académico tanto para escolares como para persoas adultas. As inscricións poden facerse no centro sociocultural Luis Seoane ou chamando ao teléfono 981 511 065. Os formularios de inscrición poderán descargarse dende a páxina web municipal (neste enlace)
Este curso mantéñense no centro sociocultural Luis Seoane (casa da cultura) os obradoiros de bolillos e costura, con sesións de 2 horas semanais para maiores de 6 anos. En costura pódese elixir entre quenda de tarde dos luns (de 16.30 a 18.30 ou de 19.00 a 21.00 horas) ou a de mañá dos martes (10.30 a 12.30 horas) por 25 euros mensuais. No caso de bolillos, as clases serán os mércores de 16.30 a 18.30 horas, cun custo de 35 euros mensuais.
As persoas interesadas poderán así mesmo poñerse ao día coas novas tecnoloxías nos cursos de informática, nos que poderán aprender a realizar os trámites administrativos máis habituais como pedir citas médicas, solicitar o permiso para unha queima, así como facer un documento ou enviar un correo. Estes cursos poderanse facer de mañá ou de tarde, segundo lles veña mellor ás persoas usuarias. O prezo é de 24 euros mensuais.
Para facilitar a participación de toda a veciñanza, nos locais sociais das parroquias ofértanse dúas actividades que tiveron grande aceptación nos últimos anos, como son os talleres de memoria e de risoterapia (18 euros/mes), que contribúen a fomentar as habilidades cognitivas e sociais ou reducir o estrés para impulsar un envellecemento activo.
Os nenos e nenas que acudan a costura creativa poderán facer estampados de bolsas (totes bags), camisetas ou suadoiros por 25 €/mes os luns pola tarde (de 16.30 a 18.30 ou de 19.00 a 21.00 horas). Tamén poden acudir a aula aberta, na biblioteca, os sábados de 10.30 a 12.30 horas (5 €/mes). Trátase espazo pensado para realizar actividades variadas como contacontos ou manualidades. Na aula TIC ofertase cursos de ilustración dixital, deseño gráfico ou intelixencia artificial (24 €/mes) en día e hora que se definirá cando se forme o grupo.
Escrito por Líder Redacción
2024 © Propiedad de Dezasete Media SL - 97.7 Fm
Comentarios de las entradas (0)