AD

Comarca

O Pino abre o prazo de inscrición para o programa de conciliación ‘Lecer Semana Santa’

today13 marzo, 2025

Fondo
share close
AD
  • O programa está dirixido a menores de entre 3 e 12 anos e desenvolverase os días 14, 15, 16 e 21 de abril
  • O prazo remata o 10 de abril
  • As persoas interesadas poden cubrir a ficha dispoñible nas dependencias municipais ou na web www.opino.gal
  • A iniciativa busca axudar ás familias na compatibilidade da vida laboral e familiar durante o período de vacacións

O Pino. 13-03-2025.- O Concello do Pino, a través da Concellería de Muller e Benestar Social, abre o prazo de inscrición da actividade Lecer Semana Santa 2025, unha iniciativa enmarcada dentro do programa municipal de conciliación que busca axudar ás familias na compatibilidade da vida laboral e familiar durante o período de vacacións de Semana Santa.

O programa está dirixido a menores de entre 3 e 12 anos e desenvolverase os días 14, 15, 16 e 21 de abril nas instalacións do Pavillón Municipal e nos exteriores do CPI Camiño de Santiago, na localidade de Arca (Pedrouzo). O horario da actividade será de 8:00 a 15:00 horas, permitindo a recollida dos nenos e nenas entre as 13:30 e as 15:00 horas.

O programa conta cun total de 50 prazas por quenda e estableceranse criterios de admisión en caso de que a demanda supere a oferta. Terán prioridade os menores empadroados no Concello de O Pino cunha antigüidade de mínimo tres meses, as familias monoparentais e os menores escolarizados en centros educativos do municipio, entre outros criterios.

O prezo da actividade será de 10 euros polos catro días de servizo, con descontos do 20% para familias numerosas a partir do segundo fillo e para familias monoparentais, sempre que se achegue a documentación acreditativa correspondente.

As inscricións poderán realizarse ata o 10 de abril mediante a ficha dispoñible nas dependencias municipais (en horario de 9:00 a 14:00 horas) ou na web www.opino.gal. Unha vez publicada a listaxe de admitidos, as cotas deberán aboarse na conta bancaria indicada e presentar o xustificante de pagamento antes do 14 de abril. Unicamente se procederá á devolución do importe en caso de acreditación médica da imposibilidade de asistencia.

Esta iniciativa reforza o compromiso do Concello do Pino coa conciliación familiar e laboral, ofrecendo un servizo esencial para as familias durante as vacacións escolares.

Este programa está financiado pola Consellería de Política Social e Igualdade no marco do programa FSE+ Galicia 2021-2027, cofinanciado pola Unión Europea, e polo Ministerio de Igualdad para o desenvolvemento do Plan Corresponsables.

Escrito por Líder Redacción

Comentarios de las entradas (0)

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *