Listeners:
Top listeners:
Radio Líder Santiago – 97.7Fm Santiago de Compostela
today26 agosto, 2025
O Pino. 26-8-2025.- O Boletín Oficial da Provincia (BOP) publica hoxe 26 de agosto de 2025 as bases reguladoras das axudas do Concello do Pino dirixidas a estudantes universitarios ou que cursen ciclos formativos de grao superior no curso académico 2025/2026.
As axudas teñen como finalidade financiar gastos correntes de material, residencia e matrícula. O importe global non poderá superar os 3.000 euros.
Segundo establecen as bases, poderán ser beneficiarios/as os estudantes empadroados/as e con residencia efectiva no Concello do Pino cunha antigüidade mínima dun ano, matriculados/as en estudos universitarios de grao ou máster (non doutoramento) ou ciclos formativos de grao superior no curso 2025/2026, sempre que cumpran os requisitos de renda e demais condicións recollidas na convocatoria.
O prazo de presentación de solicitudes comeza ao día seguinte da publicación do extracto da convocatoria no BOP e estará aberto ata o 15 de outubro de 2025. A documentación deberá rexistrarse no Rexistro Xeral do Concello ou por calquera dos medios establecidos no artigo 16 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas.
Concederanse dez bolsas de 300 euros ás persoas solicitantes que, reunindo os requisitos, acrediten as rendas familiares máis baixas, ata esgotar o límite de crédito dispoñible.
As bases completas, así como os anexos de solicitude poden consultarse na web municipal: https://opino.gal
Escrito por Líder Redacción
2024 © Propiedad de Dezasete Media SL - 97.7 Fm
Comentarios de las entradas (0)