AD

Comarca

O Pino celebra o sábado 20 de decembro a súa VI Festa de Nadal

today12 diciembre, 2025

Fondo
share close
AD
  • Familias e cativada poderán gozar con obradoiros, música tradicional e chocolate con churros           

O Pino. 11-12-2025.- O Concello do Pino celebra o sábado 20 de decembro a VI Festa de Nadal, coincidindo co comezo das vacacións escolares. A celebración, xa consolidada no calendario festivo do municipio, terá lugar na carpa instalada na Praza do Concello, onde familias e cativada poderán gozar dunha tarde chea de actividades.

A festa comezará ás 16:00 horas cun amplo abano de obradoiros creativos que se desenvolverán ata as 19.30 horas e no que as persoas participantes poderán elaborar bonecos e árbores de Nadal, ademais de bólas e coroas decorativas.

Como broche final, a partir das 19:30 horas, a agrupación Reviravolta de Lardeiros animará a tarde con panxoliñas e música tradicional. Durante a actuación, o Concello ofrecerá a todos os asistentes chocolate con churros que nos axudará a combater o frío.

O Concello do Pino convida a toda a veciñanza a participar nesta xornada de convivencia, creatividade e celebración do espírito do Nadal.

Escrito por Líder Redacción

Comentarios de las entradas (0)

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *