AD

Comarca

O Pino convoca o primeiro Concurso de Murais urbanos con motivo da Festa do Galo

today4 julio, 2025

Fondo
share close
AD

 

  • Poderán participar persoas residentes en España maiores de 16 anos que teñan feito outros murais ao aire libre
  • A persoa gañadora recibirá 2.000 euros de premio ademais da pintura, e deberá rematar a obra antes do 1 de agosto
  • A zona elixida para facer o graffiti é o muro de 43 metros cadrados que está no espazo de lecer da rúa do Concello
  • As obras versarán sobre o Concello do Pino como última etapa do Camiño Francés ou sobre a Festa do Galo Piñeiro

O Pino. 3-7-2025.- O Concello do Pino inicia a súa aposta pola arte urbana para decorar espazos públicos e convoca o primeiro Concurso de Murais coincidindo coa celebración da Festa do Galo Piñeiro os días 2 e 3 de agosto. A este certame, dotado cun premio de 2.000 euros, ademais da pintura necesaria, poderán presentarse persoas maiores de 16 anos residentes en España que acrediten experiencia no pintado de graffitis.

O obxectivo deste concurso é visibilizar, a través das técnicas do graffiti e mediante a creación dun mural urbano, as características que rodean ao Concello do Pino. Nesta primeira edición, as persoas participantes deberán presentar propostas relacionadas co Pino como última etapa do Camiño Francés ou coa Festa do Galo Piñeiro, declarada de Interese turístico de Galicia.

Os artistas que queiran participar neste Concurso de Murais Concello do Pino, unha vez que saia publicado no Boletín Oficial da Provincia o extracto da convocatoria, terán un prazo de quince días laborais para remitir as súas propostas ao Concello, xunto con fotografías de traballos que xa fixeran previamente para acreditar a súa técnica e cualificación.

Un xurado formado por cinco persoas será o encargado de elixir a persoa gañadora deste certame, que deberá rematar o seu traballo antes do 1 de agosto de 2025. Este día presentarase oficialmente o mural e difundirase a través das redes sociais e da páxina web do Concello.

O graffiti deberá pintarse no muro duns 43 metros cadrados que está no espazo de lecer ecolóxico situado na rúa do Concello. Trátase dunha parede de 1,40 metros de alto por uns 31 metros de longo.

As obras terán que ser orixinais do artista e inéditas, de xeito que non fosen recreadas nunha parede con anterioridade nin premiadas noutros concursos. O Concello do Pino entregaralle un premio en metálico de 2.000 euros á persoa gañadora desta primeira edición, e asumirá tamén os gastos da pintura (ata un máximo de 700 euros) ademais de facilitar os sistemas necesarios (escadas) para acceder á área onde plasmar a obra.

Escrito por Líder Redacción

Comentarios de las entradas (0)

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *