AD

Comarca

O Pino destinará ao SAF os 93.778 € do POS+ adicional para gastos sociais extraordinarios

today22 diciembre, 2025

Fondo
share close
AD
  • Servirán para rebaixar a achega de 243.000 euros que se prevé terá que facer o Concello para sufragar as 25.000 horas de atención previstas
  • No último pleno ordinario do ano tamén se aprobou o proxecto para senda peonil de Regas ao cruce de Casal cun orzamento de 118.158 euros

O Pino. 22-12-2025.- O Concello do Pino destinará a sufragar o Servizo de Axuda no Fogar os 93.778,69 euros que lle corresponden da achega provincial do POS+ Adicional para gastos sociais extraordinarios. Esta partida servirá para rebaixar os 243.257,76 euros que ten reservado o goberno municipal para financiar o SAF. O pleno celebrado o 19 de decembro tamén aprobou o proxecto da senda peonil de Regas ao cruce de Casal, cun orzamento de 118.158 euros.

O Pino ten reservada unha partida de 591.257,12 euros no orzamento do ano que ven para financiar o Servizo de Axuda no Fogar. A estimación municipal é que se prestarán un máximo de 25.072 horas para atender a veciñanza que ten recoñecida a dependencia, tal e como figuraban na licitación deste servizo.

Do orzamento total, o Concello recibirá unas 300.864 euros da Xunta de Galicia  e outros 47.135 euros corresponde ao copago que fan as persoas usuarias. Salvo que o goberno autonómico incremente os 12 euros/hora que paga actualmente, como se prevé que ocorra en 2026, o SAF supón para o Concello un desembolso de 243.257,76 euros anuais.

En base ao informe realizado polos Servizos Sociais municipais, o goberno que preside Manuel Taboada propúxolle ao Pleno destinar os 93.778,69 euros do POS+ adicional para gasto social extraordinario a financiar unha parte da aportación que fai o Concello para o SAF. A proposta foi aprobada por unanimidade.

Na última sesión ordinaria deste ano, o Pleno tamén aprobou por unanimidade o proxecto para construír unha senda peonil de Regas ata o cruce de Casal, cunha lonxitude de 540 metros e 1,8 metros de ancho, que levará 15 centímetros de zahorra e 5 cm de aglomerado en quente. O orzamento ascende a 118.158,35 euros.

O alcalde explicou que esta obra “executarase cunha subvención nominativa da Deputación, que vai financiar o 80% da obra, e que permitirá continuar a senda xa existente que remata en Regas”.

Escrito por Líder Redacción

Comentarios de las entradas (0)

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *