AD

Comarca

O Pino humanizará a rúa dos Mollados e a de Forcarei cunha achega da Xunta

today19 julio, 2025

Fondo
share close
AD
  • A Corporación aprobou hoxe en pleno unha modificación de crédito para aportar os 55.023 euros e un gasto plurianual para cofinanciar o proxecto en 2025 e 2026
  • A Consellería de Vivenda aportará 423.000 euros e o Concello do Pino 181.519

O Concello do Pino vai humanizar as rúa dos Mollados e a de Forcarei en Arca grazas a unha achega da Consellería de Vivenda, que será quen execute as obras previstas para este ano e o que vén cun orzamento total de 605.065 euros. Do importe total, a Xunta financia 423.545 euros e o Concello 181.519 euros.

Para asumir os compromisos necesarios para a execución destas obras, a Corporación do Pino aprobou hoxe en pleno extraordinario un gasto plurianual e tamén unha modificación de crédito para ter dispoñibles os 55.023 euros que o Concello debe aportar este ano.

As obras consistirán na humanización da rúa dos Mollados (que vai dende preto do colexio ata a N-550) e da rúa Forcarei, que enlaza a anterior coa casa consistorial pasando pola praza de Forcarei. “Vaise mellorar o firme, colocar novas beirarrúas, facer un carril bici e soterrar o cableado”, indicou o alcalde, Manuel Taboada.

O orzamento do proxecto elaborado pola Consellería de Vivenda ascende a 605.065 euros, dos que a Xunta financiara 423.545 (128.387 euros serán aportados este ano e 295.158 euros durante 2026).

Pola súa banda, o Concello deberá aportar 55.023 euros este ano (motivo polo que se aprobou en Pleno a modificación de crédito) e reservar outros 126.496 euros nos orzamentos de 2026 (garantidos co acordo de gasto plurianual).

Unha vez ratificados polo Pleno a modificación de crédito e o gasto plurianual, o Concello deberá asinar agora o convenio coa Consellería de Vivenda, que será a que licite a execución das obras.

O alcalde, Manuel Taboada, explicou que con este acordo poderán “acometerse unhas obras importantes no núcleo de Pedrouzo, que van mellorar a seguridade viaria dos peóns e do alumnado que estuda no CPI Camiño de Santiago.

Agradecemos a colaboracion da Consellería de Vivienda e Planificación de Infraestruturas, así como a outras infraestruturas financiadas pola Xunta de Galicia.

Escrito por Líder Redacción

Comentarios de las entradas (0)

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *