AD

Comarca

O Pino impulsa a mellora do acceso á vivenda

today17 enero, 2025

Fondo
share close
AD

O alcalde do Pino, Manuel Taboada Vigo, reuniuse o pasado 14 de xaneiro coa conselleira de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, María Martínez Allegue, para tratar diversas iniciativas destinadas a mellorar o acceso á vivenda e fomentar o desenvolvemento urbanístico no municipio.

Entre os temas abordados destacou a solicitude para a construción de vivendas de protección oficial en Arca, un proxecto que busca facilitar o acceso á vivenda ás persoas máis novas e ás familias, promovendo así o asentamento da poboación no concello.

Outros puntos clave tratados na reunión foron a modificación do Plan Xeral de Ordenación Municipal (PXOM) para permitir que a mocidade poida construír vivendas unifamiliares nos núcleos rurais próximos ás súas familias, ademais de a humanización de zonas en Arca e outros proxectos urbanísticos de interese.

A conselleira comprometeuse a analizar estas propostas e salientou a importancia de colaborar entre administracións para mellorar a calidade de vida da veciñanza. Este encontro supón un paso máis na aposta do Pino por un desenvolvemento sostible e adaptado ás necesidades da súa poboación.

Escrito por Líder Redacción

Comentarios de las entradas (0)

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *