Listeners:
Top listeners:
play_arrow
Radio Líder Santiago – 97.7Fm Santiago de Compostela
today14 noviembre, 2025
• As inscricións poderán formalizarse do 5 ao 19 de decembro presentando por rexistro ou sede electrónica o formulario e tres fotos
• Establécense dúas categorías: familiar e colectiva
• Nesta segunda convocatoria os galardóns chegan aos 350, 250 e 150 euros para o primeiro, segundo e terceiro posto en cada modalidade
• O Concello busca fomentar o ambiente festivo en rúas e vivendas
O Pino. 13-11-2025.- O Concello do Pino convoca a segunda edición do Concurso de Decoración de Nadal, unha iniciativa que busca dinamizar a participación cidadá, fomentar a cooperación e o traballo en común, e encher o municipio de espírito festivo e creatividade. A principal novidade desta edición é o incremento da contía dos premios, que pasan dos 300, 200 e 100 euros da anterior convocatoria aos 350, 250 e 150 euros para o primeiro, segundo e terceiro posto en cada categoría.
O certame está aberto tanto a particulares como a colectivos, establecéndose dúas categorías de participación:
• Familiar, dirixida a toda a veciñanza para que se anime a realizar a súa montaxe en balcóns, xanelas, portas, fachadas ou xardíns exteriores das vivendas.
• Colectiva, na que poderán participar asociacións, comercios, empresas ou grupos veciñais que decoren tanto os seus escaparates como espazos públicos ou comúns, como rúas, prazas, parques ou áreas de lecer.
As persoas interesadas en participar poderán inscribirse entre o 5 e o 19 de decembro de 2025, no Rexistro municipal ou a través da sede electrónica do Concello (https://opino.sedelectronica.gal). Para formalizar a participación será necesario cubrir o formulario dispoñible na web municipal e achegar tres fotografías da decoración presentada.
Os elementos decorativos deberán permanecer expostos entre o 19 de decembro e o 8 de xaneiro, ámbolos días incluídos, e deberán reflectir a temática propia do Nadal. O xurado valorará aspectos como o deseño, a orixinalidade, a iluminación, o uso de materiais reciclables, o fomento dos valores locais e o contido educativo das propostas.
O concurso repartirá este ano un total de 1.400 euros en premios. Tanto na modalidade familiar como na colectiva outorgaranse tres galardóns de 350, 250 e 150 euros. Os premios entregaranse durante a festa de Reis que se desenvolverá o 5 de xaneiro de 2026 no pavillón municipal de Reboredo.
Escrito por Líder Redacción


2024 © Propiedad de Dezasete Media SL - 97.7 Fm
Comentarios de las entradas (0)