AD

Comarca

O Pino organiza unha nova edición do programa Vai de Auga

today6 abril, 2026

Fondo
share close
AD
  • As saídas están previstas para os mércores 6, 13, 20 e 27 de maio, así como o 3 de xuño
  • O prezo de participación establécese en 70 euros e inclúe o acceso ás instalacións termais, mentres que o desprazamento en autobús será gratuíto ao estar financiado polo Concello
  • O prazo de inscrición abrirase o martes 7 de abril, con prazas limitadas que se cubrirán por orde de solicitude

O Pino.6-4-2026.- O Concello do Pino pon en marcha unha nova edición do programa Vai de Auga, unha iniciativa orientada a mellorar o benestar da veciñanza mediante a participación en actividades termais, ao tempo que se promoven hábitos de vida saudable e a convivencia social.

Nesta edición, o programa volverá ofrecer cinco sesións no Acquaform Termas de Cuntis, un espazo idóneo para o relax e o coidado persoal. As saídas terán lugar os mércores 6, 13, 20 e 27 de maio, e 3 de xuño, con saída dende a Praza do Concello ás 16.15 horas e regreso previsto arredor das 20.00 horas.

O prezo do programa é de 70 euros e inclúe o acceso ás instalacións termais. Ademais, o desprazamento en autobús será gratuíto para as persoas participantes ao estar financiado polo Concello.

As inscricións abriranse o martes 7 de abril. As prazas son limitadas, polo que se cubrirán por orde de inscrición. As persoas interesadas poden obter máis información no centro sociocultural ou no teléfono 981 511 065. O formulario de inscrición está dispoñible na web municipal nesta ligazón: https://opino.gal/vai-de-auga/

Este programa consolídase ano tras ano como unha das actividades máis valoradas pola veciñanza do Pino, tanto polos beneficios que achega á saúde —especialmente para persoas con molestias musculares ou articulares— como polo seu valor social, ao favorecer o encontro e a relación entre veciños e veciñas.

Desde o Concello anímase á participación nesta iniciativa, lembrando que, no caso de participación de menores, deberán estar acompañados por unha persoa adulta.

Escrito por Líder Redacción

Comentarios de las entradas (0)

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *