AD

Comarca

O Pino pon en marcha unha nova edición do programa Vai de Praia

today16 junio, 2025

Fondo
share close
AD
  • A veciñanza poderá gozar de oito visitas aos areais galegos os mércores de xullo e agosto
  • O prezo é de 10 euros por viaxe para persoas adultas e de 5 euros para menores de 13 anos

O Pino.16-6-2025.- O Concello do Pino pon en marcha unha nova edición do programa Vai de Praia, unha iniciativa xa consolidada no municipio que lle ofrece á veciñanza a oportunidade de gozar da costa galega durante os meses de verán.

As saídas realizaranse os mércores de xullo e agosto, iniciándose o 2 de xullo cunha visita á praia Xardín, en Boiro. O día 9 será a quenda da praia de San Francisco, en Muros; o 16 desprazarase á praia de Cabío, na Pobra do Caramiñal; e o mes de xullo pecharase o día 30 cunha excursión á Illa de Arousa. Durante o mes de agosto repetirase esta mesma ruta, nas mesmas datas de semana: o día 6 visitarase de novo a praia Xardín, o 13 a de San Francisco, o 20 a de Cabío e o 27 a Illa de Arousa.

O prezo por cada viaxe mantense igual que o ano pasado, con un custe de 10 euros para as persoas adultas e un desconto do 50 % para menores de 13 anos, que deberán ir sempre acompañados dunha persoa adulta. Un autobús percorrerá as diferentes parroquias do municipio para facilitar o desprazamento, polo que é necesario inscribirse con antelación co fin de organizar correctamente os horarios e as paradas.

As persoas interesadas poden reservar praza realizando o ingreso correspondente na conta do Concello do Pino en Abanca (ES70 2080 0337 1131 1000 0078) ou entregando a documentación necesaria antes das 13.00 horas do día anterior á saída. Para máis información, poden dirixirse á Casa da Cultura, chamar ao teléfono 981 511 065 ou consultar a páxina web municipal www.opino.gal.

Escrito por Líder Redacción

Comentarios de las entradas (0)

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *