AD

Comarca

A igualdade e os servizos sociais, dúas prioridades no Pino

today7 marzo, 2025

Fondo
share close
AD

O Concello do Pino continúa apostando polas políticas de igualdade e pola atención social á veciñanza. Así o asegurou o alcalde, Manuel Taboada, nunha entrevista en Radio Líder Santiago, onde destacou que o 8 de marzo, Día Internacional da Muller, debe ser unha loita presente os 365 días do ano.

«Non podemos acordarnos só do 8M. A igualdade ten que estar presente en cada xestión que facemos no Concello», afirmou Taboada. O rexedor puxo en valor as campañas en colaboración co comercio local e as iniciativas educativas para concienciar desde idades temperás. Máis de 60 establecementos participan en accións que promoven a igualdade e o feminismo ben entendido.

O Pino reivindica no 8M a igualdade de defeitos e oportunidades nunha sociedade máis xusta

A entrevista tamén contou coa intervención de Cruz Toande, educadora familiar e psicóloga, quen incidiu na importancia de traballar a igualdade na educación e no fogar: «As redes sociais e algúns discursos mediáticos fomentan valores erróneos. A igualdade debe educarse no día a día, sen esperar só ás datas sinaladas», explicou.

Outro dos puntos destacados foi a conciliación familiar e laboral, especialmente nos núcleos rurais. O alcalde recoñeceu o papel dos programas de corresponsabilidade e conciliación que permiten ás mulleres acceder ao mercado laboral en mellores condicións. «O comercio pequeno está cada vez máis liderado por mulleres. Son máis valentes e arriscan máis», apuntou.

En canto ao envellecemento da poboación, Taboada revelou que o Pino conta con 72 mulleres de entre 90 e 99 anos e catro centenarias. «As xeracións de antes eran loitadoras e seguen sendo superviventes. Moitas viven soas e non piden axuda, pero temos que estar atentos para ofrecerlles apoio», reflexionou.

Outro dos grandes temas tratados foi o papel dos servizos sociais no rural. «É unha política que non se alardea, pero que salva vidas. Moitas veces os veciños descoñecen os problemas que hai ao seu carón, pero os servizos sociais si os coñecen e están aí para axudar», destacou o alcalde.

O Pino, cunha poboación de preto de 5.000 habitantes, segue apostando polo reforzo destes servizos. «Todo o diñeiro investido en servizos sociais é o mellor investimento que se pode facer», concluíu Taboada.

A entrevista completa no seguinte enlace.

Escrito por Líder Redacción

Comentarios de las entradas (0)

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *