Listeners:
Top listeners:
Radio Líder Santiago – 97.7Fm Santiago de Compostela
today29 enero, 2024
“O BNG debería dar explicacións aos clubes de por que está paralizada a adxudicación do proxecto de obra de Santa Isabel, ou cando comezarán as melloras do pavillón de Vite que leva meses anunciando a bombo e pratiño, e non nos esquezamos do Estadio Vero Boquete e cando pensan afrontar as urxentes obras de mantemento do mesmo”, salientou De la Fuente.
A falta dun proxecto claro que permita albiscar cara a onde quere o goberno do BNG levar o deporte, ten provocado un profundo e patente malestar entre clubs, entidades e asociacións deportivas da cidade.
O concelleiro do Partido Popular, José Ramón de la Fuente, subliñou que o tecido deportivo da cidade está necesitado dunha “acción clara, ambiciosa e con sostén orzamentario do Concello, pero non parece que o Deporte compostelán estea entre as prioridades do goberno municipal nin dos partidos que o apoian” e pediu que se constitúa o Consello Municipal de Deportes para canalizar a participación e dar voz ao Deporte de Santiago.
Nos orzamentos negociados e recentemente anunciados por BNG, CA e PSOE, non se contempla ningunha infraestrutura e instalación nova, a pesar de que o goberno tripartito sabe de sobra e mesmo teñen recoñecido que as existentes actualmente son “claramente insuficientes”, lamentou De la Fuente. “Se no primeiro orzamento non se contempla ningunha partida para a
construción de novos campos de fútbol nin pavillóns deportivos, e temos en conta os tempos e prazos que necesita este Goberno nacionalista para poñer en marcha proxectos, podemos dar por seguro que remataremos a lexislatura coas mesmas carencias que temos hoxe, podemos prognosticar xa que neste eido, ésta será unha lexislatura perdida”, advertiu.
Así, lamentou ademais que as poucas actuacións que contemplan xa foron anunciadas en diferentes ocacións e veñen do anterior goberno, polo que nos preguntamos “que fixo o goberno do BNG nestes meses se a súa falta de proxecto deportivo é a herdada dos socialistas?. Por outro banda, destacou o edil popular, “o BNG debería dar explicacións aos clubes de por que está paralizada a adxudicación do proxecto de obra de Santa Isabel, ou cando comezarán as melloras do pavillón de Vite que leva meses anunciando a bombo e pratiño, e non nos esquezamos do Estadio Vero Boquete e cando pensan afrontar as urxentes obras de mantemento do mesmo”.
De la Fuente subliñou que a carencia de instalacións e o estado calamitoso da maioría das existentes, xunto coa falta dun proxecto claro que permita albiscar cara a onde quere o goberno do BNG levar o deporte, ten provocado un profundo e patente malestar entre clubs, entidades e asociacións deportivas da cidade, que reclaman deixar de ser dunha vez un área de xestión esquecida e piden ser escoitados e participar na toma de decisións que lles afectan. Santiago de Compostela pode presumir de contar cunha importante e exitosa comunidade deportiva, que pode e debe aportar un coñecemento e unha perspectiva profesional e técnica de primeira man sobre os asuntos que lles afectan que o Concello non debe ignorar.
Para de la Fuente, “o Concello ten a obriga de darlle voz aos clubs,nasociacións, entidades e deportistas para que coñezan que pensa facer o goberno en materia deportiva, para que poidan participar na deliberación dos asuntos que lles afectan, e para que aporten o seu coñecemento e experiencia, ninguén mellor que eles saben que necesitan e como se poden satisfacer as
súas necesidades”. Por ese motivo preguntámonos “por que o BNG ignora e maltrata o tecido deportivo da cidade”.
“Ninguén recorda xa cando se reuniu por última vez o Consello Municipal de Deportes -lamentou o edil popular- polo que cómpre que se constitúa e reúna canto antes”.
Escrito por Líder Redacción
2024 © Propiedad de Dezasete Media SL - 97.7 Fm
Comentarios de las entradas (0)