AD

Destacado

O PP denuncia que o goberno aínda non pagase as axudas de 2022 ás comisións de festas compostelás

today20 noviembre, 2023

Fondo
share close
AD
  • Para Nerea Barcia resulta “inexplicable este tipo de trabas e a pouca empatía por parte dos nacionalistas cara aos veciños, que o único que pretenden é que non se perdan as súas festas”
  • A popular pediu tamén “menos soberbia” aos nacionalistas porque “están insultando ás comisións de festas ao dicir que haimcartos de sobra e que son as comisións as que non piden as axudas”.

A concelleria do Partido Popular de Santiago, Nerea Barcia, denunciou hoxe a situación de abandono por parte do goberno nacionalista na que se atopan as comisión de festas de Compostela.

A edil popular tivo a oportunidade de escoitar de primeira man as dificultades coas que se encontran as comisións de festas compostelás, que recoñecen estar cansas de que o Concello non se involucre e consideran “deficientes” as axudas. Ademais desde as comisións, insistiu Barcia, “lamentan o difícil que resulta tramitar as solicitudes para poder optar elas.

A popular denunciou tamén que estea rematando o 2023 e as axudas de 2022 aínda non se cobrasen, un retraso que calificou de moi grave porque “non podemos esquecer que os membros das comisións son voluntarios e que o único que queren é manter as tradicións e seguir construíndo barrio ou parroquia, é inconcebible que desde o concello se lles afogue dese xeito tendo que facer fronte eles mesmos ás débebas”.

Con respecto á tramitación das subvencións, lembrou as declaracións do BNG nas que sinalaban que non facían falla máis axudas porque non se cubrían e salientou que “como se van cubrir se tardan un ano en cobralas e piden documentación como para construír un parque eólico? O que está conseguindo así é que xa non perdan tempo en pedir algo que é case imposible de tramitar”. Para Barcia resulta “inexplicable este tipo de trabas e a pouca empatía por parte dos nacionalistas cara aos veciños, que o único que pretenden é que non se perdan as súas festas”. Ademais, incidiu, “as axudas deberían abranguer o ano completo e non deixar fóra os eventos do último trimestre do ano”. Barcia pediu tamén “menos soberbia” aos nacionalistas porque “están insultando ás comisións de festas ao dicir que hai cartos de sobra e que son as comisións as que non piden as axudas”.

A edil popular destacou que as festas son un emblema da nosa cidade, festas patronais,festas, gastronómicas… Un momento de encontro entre veciños e veciñas, de xente doutros lugares, un momento de alegría e de festexo. Para poder levar a cabo estas celebracións as comisión de festas traballan arreo durante todo o ano para poder contratar orquestras, charangas, hinchables, atraccións… e poder seguir así coas tradicións e que non se perdan as festas, algunhas delas históricas.

Barcia Guldrís rematou preguntando “onde están os cartos de 2022? Os cartos dos nosos veciños e veciñas? Onde está a convocatoria de axudas de 2023? Que acontece coas festas que se levan a cabo a partir do 13 de outubro? Non teñen o mesmo dereito? Qué quere o Concello de Santiago de Compostela? Quere rematar coas festas?” Así, concluíu que “o Concello debe de facilitar o trámite das axudas e que todas as comisións poidan solicitalas independentemente da data en que se leve a cabo o festexo, pero para todo iso é preciso que existan esas axudas”.

Escrito por Líder Redacción

Comentarios de las entradas (0)

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *


0%