AD

Actualidad

O PP denuncia unha crise no SAF e esixe responsabilidades ao goberno de Santiago

today29 junio, 2026

Fondo
share close
AD

• Yolanda Otero remarcou que “os nacionalistas deben asumir a súa responsabilidade, exercer as súas facultades de control sobre a execución do contrato e esixirlle á empresa adxudicataria o cumprimento das súas obrigas contractuais”.

• “Cabe destacar que, mentres o BNG convoca manifestacións noutros concellos a través do seu sindicato, a CIG, cando falamos de SAF en Santiago os nacionalistas gardan silencio”, insistiu.

As concelleiras do Partido Popular de Santiago, Yolanda Otero e Olaya Otero, mantiveron unha reunión co representantes do Comité de Empresa do Servizo de Axuda no Fogar (SAF), na que estes lle trasladaron “a súa preocupación e incertidume” pola situación que está atravesar este servizo.

“O goberno de BNG e CA -subliñaron- é responsable da execución deste contrato, polo que non poden seguir facéndose o xordo ante o manifesto malestar do persoal que presta o SAF e da minoración da calidade do servizo prestado, xa que son plenamente coñecedores desta situación”.

Yolanda Otero remarcou que “os nacionalistas deben asumir a súa responsabilidade, exercer as súas facultades de control sobre a execución do contrato e esixirlle á empresa adxudicataria o cumprimento das súas obrigas contractuais”.

Así mesmo, os populares consideran que o goberno de BNG e CA debe ofrecer explicacións sobre a xestión realizada arredor da continuidade deste contrato, xa que existen serias dúbidas sobre se se cumpriron en tempo e forma todos os trámites necesarios para garantir a prestación do servizo. De confirmarse algunha actuación deficiente por parte do goberno nacionalista, estaríamos ante unha grave irresponsabilidade que estaría agravando a situación do SAF.

“Cabe destacar que, mentres o BNG convoca manifestacións noutros concellos a través do seu sindicato, a CIG, cando falamos de SAF en Santiago os nacionalistas gardan silencio”, insistiu. “É necesario que se lle garanta ao persoal traballador do SAF o mantemento das súas condicións laborais e económicas, a prestación correcta do servizo ás persoas usuarias e se controle a execución do contrato”.
O goberno de BNG e CA gastan máis de 6 millóns de euros ao ano nun servizo que funciona cada vez peor, polo que, ante a situación na que se atopa a prestación do servizo, dende o Partido Popular de Santiago reclamamos a licitación inmediata do novo contrato do SAF, tendo en conta que o actual está en prórroga”, remarcou.

“O persoal que presta este servizo -dixo Yolanda Otero- trasladounos o incumprimento das súas condicións económicas por parte da empresa adxudicataria do contrato, así como incumprimentos reiterados na prestación do servizo e das condicións do contrato e a insuficiencia de persoal, ao que se engade a inexecución da oferta formativa ao persoal”.

As edís populares subliñaron que “as fins de semana distintos servizos vense suspendidos por falta de persoal e os servizos complementarios, como fisioterapia, podoloxía e perruquería, están en suspenso, ao igual que as limpezas de choque”.

Engadiron que “un número considerable do persoal que presta o servizo está de baixa laboral, o resto de persoal en activo non realizan horas extraordinarias, e non se cubre o persoal que está de vacacións. Deste xeito, a calidade do servizo vese mermada considerablemente, con especial incidencia as fins de semana, polo que as principais afectadas son as persoas usuarias deste servizo e as súas familias que non reciben un servizo que teñen recoñecido”.

Lembremos que estamos a falar de veciñas e veciños vulnerables, a maioría persoas dependentes, que ven minorada a calidade do servizo que teñen recoñecido, cando non privados do mesmo.

Escrito por Líder Redacción

Comentarios de las entradas (0)

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *