AD

Comarca

O PPdeG reclama os fondos europeos comprometidos para Altri e acusa a PSOE e BNG de «ir en contra de Galicia»

today17 septiembre, 2024

Background
share close
AD

● María Jesús Lorenzana afea a socialistas e nacionalistas que estean “en contra do emprego e do desenvolvemento industrial de Galicia só por seguir as ordes de Pedro Sánchez” e ao BNG que non entenda que “o desenvolvemento industrial e o aproveitamento dos nosos recursos son compatibles”

● Ánxeles Vázquez: “Loitaremos para que empresas tractoras se instalen no territorio e poidan crear riqueza cumprindo coa lexislación vixente e garantindo o equilibrio entre medio ambiente, saúde e economía”

● Pablo Taboada: “É un proxecto importantísimo para os veciños de Palas de Rei e de toda a nosa comarca, especialmente para aqueles que xa aportaron os seus currículos á empresa coa esperanza de poder conseguir un posto de traballo”

17 de setembro de 2024. O PPdeG acusa ao PSOE galego e ao BNG de “ir en contra de Galicia” coa súa postura sobre o proxecto que Altri pretende implantar en Palas de Rei e reclama ao Goberno central os fondos europeos que no seu día Pedro Sánchez comprometeu para facelo realidade.

Así o manifestaron publicamente os populares galegos esta tarde en Palas de Rei nunha reunión de traballo con alcaldes e portavoces do partido na comarca da Ulloa que estivo encabezada pola secretaria xeral do PPdeG, Paula Prado, e as responsables de Medio Ambiente e Cambio Climático e de Economía e Industria do Goberno galego, Ánxeles Vázquez e María Jesús Lorenzana, respectivamente.

Esta última lamentou que o proxecto de Altri e moitos outros na nosa Comunidade estean sendo “claramente castigados pola Moncloa e as súas sucursais en Galicia”, afeando ao PSOE galego que estea “en contra do emprego e do desenvolvemento industrial de Galicia só por seguir as ordes de Pedro Sánchez” e ao BNG que sexa incapaz de entender que “o desenvolvemento industrial e o aproveitamento dos nosos recursos son compatibles”.

“Nós imos seguir loitando para que non se castigue a Galicia e para que os nosos proxectos poidan ter financiamento”, remarcou ao tempo que volvía reclamar ao ministro de Industria un trato “igualitario” para os proxectos industriais galegos e “os mesmos requisitos que se lle esixen a outros”.

Lorenzana referiuse así ao feito de que “o Goberno de España está loitando por conseguir financiamento europeos para proxectos que nin sequera teñen iniciado a súa tramitación ambiental” pero non fai o mesmo cun proxecto como o de Altri, que “supón un investimento de 1.000 millóns de euros para o desenvolvemento da zona central de Lugo e de parte da provincia da Coruña”.

De aí que fixera un chamamento público a que tanto José Ramón Gómez Besteiro como Ana Pontón pensen non só na “necesidade que ten Galicia de percibir eses fondos para o seu desenvolvemento industrial”, senón especialmente nas “2.500 familias que poderían ter emprego na comarca de Ulloa se o proxecto de Altri se converte nunha realidade”.

É POSIBLE MANTER O EQUILIBRIO ENTRE MEDIO AMBIENTE E ECONOMÍA

Pola súa banda, Ánxeles Vázquez ironizou con que “aqueles que queren perseguir as fake news ou que falan de embarrar son os primeiros que están facendo xusto o contrario co proxecto de Altri”. Xa que, tal e como explicou, este proxecto aínda non concluíu a súa fase de avaliación ambiental pero, polo de agora, “os informes que xa son públicos conclúen que cumpre estritamente todos os parámetros establecidos pola normativa europea, estatal e autonómica en materia de emisións e vertidos”.

“Eu o que lle pediría ao señor Besteiro e á señora Pontón é que sexan consecuentes cos seus actos e que, como representantes de Galicia, non deosten a nosa terra. Primeiro, porque estamos nun Estados de Dereito no que hai que cumprir a lei como fai e sempre fará o Goberno galego. Segundo, porque hoxe é Altri pero mañá podería ser calquera outro proxecto na nosa Comunidade”, apuntou.

A responsable de Medio Ambiente e Cambio Climático do Goberno galego subliñou que o Executivo autonómico seguirá traballando na mesma liña que ten xa establecida: “A de loitar para que empresas tractoras se instalen no territorio e poidan crear riqueza cumprindo coa lexislación vixente e garantindo o equilibrio entre medio ambiente, saúde e economía”.

O RURAL ACTÍVASE CON EMPREGO E POBOACIÓN

Na reunión organizada polo PPdeG tamén participaron a presidenta provincial do PP de Lugo, Elena Candia, as coordinadoras de Medio Ambiente e de Industria do partido, Marisol Díaz Mouteira e Marta Novoa; así como os portavoces destas mesmas áreas do Grupo Popular no Parlamento de Galicia, Gonzalo Trenor e Rubén Lorenzo, respectivamente.

Todos eles foron recibidos polo alcalde de Palas de Rei, Pablo Taboada, que tamén se uniu á crítica a un PSOE e a un BNG que, coa súa postura, sitúanse “en contra do maior investimento que nunca se proxectou na nosa comarca e na nosa provincia e un dos máis importantes que Galicia poida ter”.

“É un proxecto importantísimo para o nosos veciños e especialmente para aqueles que xa aportaron os seus currículos á empresa coa esperanza de poder conseguir un posto de traballo”, apuntou incidindo en que para o rural galego son fundamentais iniciativas como esta na medida en que “son a única vía para gañar poboación e non perdela ano tras ano”.

Written by: Líder Redacción

Post comments (0)

Leave a reply

Your email address will not be published. Required fields are marked *


0%