AD

Actualidad

O programa ‘Goza do Ulla’ chega a Arzúa co roteiro da Fervenza das Hortas

today11 septiembre, 2024

Background
share close
AD

Un ano máis chega este programa no que 20 concellos propoñen as súas rutas de sendeirismo arredor do Río Ulla, e nesta ocasión o Concello de Arzúa, a través da Concellería de Turismo, ten o pracer de organizar unha ruta á fermosa Fervenza das Hortas. O sábado, 28 de setembro, poderás participar nesta ruta de sendeirismo que permitirá descubrir un dos paraxes naturais máis fermosos da zona centro de Galicia.

Begoña Balado, concelleira de Turismo e acción Urbana, destaca que a Ruta Lineal da Fervenza das Hortas “é unha oportunidade única para coñecer de preto un dos espazos naturais máis especiais de Arzúa, onde a beleza da paisaxe e a tranquilidade do entorno ofrecen unha experiencia inigualable para os amantes da natureza”.

Ruta lineal: A Ruta da Fervenza das Hortas, situada en Arzúa, é un tesouro natural que ofrece aos visitantes unha experiencia inmersiva no corazón da paisaxe galega. Ideal para os amantes da natureza e a fotografía, a ruta destaca pola súa beleza natural, converténdoa nun destino perfecto para unha xornada de sendeirismo relaxada e enriquecedora. O son constante da auga e a pureza do entorno fan desta ruta unha xoia oculta que capta a esencia virxe do rural galego.

O punto de encontro será na Praza de Galicia ás 9:00h, onde un autobús de balde trasladará aos participantes ata o punto de inicio da ruta, a Capela da Fonte Santa. A actividade terá unha duración aproximada de 5 horas, e ás 14:00h o autobús regresará cos sendeiristas ao punto inicial en Arzúa.

Para inscribirse, é imprescindible reservar praza contactando coa oficina de Turismo de Arzúa no teléfono 981 508 056, en horario de 10:00h a 14:00h e de 15:00h a 18:30h, ou enviando un correo electrónico a turismoarzua@gmail.com.

 

Written by: Líder Redacción

Post comments (0)

Leave a reply

Your email address will not be published. Required fields are marked *


0%