AD

Comarca

O San Paio da Estrada contará con 36 atraccións de feira e unha trintena de postos

today16 junio, 2025

Fondo
share close
AD
  • A feira deste mércores celebrarase no lugar habitual, cambiando a do 25 de xuño o seu emprazamento para o estacionamento que delimitan as rúas Iryda e Ponteareas.
  • Está previsto que as atraccións funcionen, dende este sábado ata o 30 de xuño, na Praza da Feira, Campo da Feira e aparcamento público da 25 de Xullo.

A Estrada, 16 de xuño de 2025.- O Concello da Estrada está tramitando a documentación para a instalación de atraccións e postos ambulantes que encherán de vida e color as rúas do casco urbano durante a celebración das festas patronais de San Paio. En concreto, serán 36 as atraccións que se colocarán no entorno da Praza da Feira, ás que se sumarán unha trintena de postos diferentes. Comezarán a colocarse xa este mércores, 18 de xuño, coa previsión de que poidan comenzar a funcionar o sábado 21.

Deste xeito, as atraccións ocuparán a Praza da Feira, o Campo da Feira e o solar que se emprega como zona de estacionamento público na Rúa 25 de Xullo. Isto implica que a deste mércores será a última feira do mes que se celebre no emprazamento habitual.

Así, o mercado do 25 de xuño trasladarse ao estacionamento que encerran as rúa Iryda e Ponteareas, no seu momento empregado tamén para acoller esta actividade comercial durante a reforma da Praza da Feira. Os postos serán adxudicados segundo as indicacións da Policía Local.

Xunto coas atraccións de feira, de distinto tamaño e natureza, haberá postos de comida, artesanía, bixutería, xoguetería ou téxtil, entre outros. Colocaranse nas rúas Iryda, Calvo Sotelo, Praza da Feira e Praza da Constitución. Serán unha trintena .

Estas instalacións, pensadas para acompañar o programa das festas, funcionarán dende o 21 ao 30 de xuño. Este último día será o chamado Día do Neno, no que o as atraccións terán un prezo rebaixado.

A xornada na que arrancan as atraccións ten previstos numerosos actos que darán a saída para o San Paio 2025. Ademais da xuntanza anual de Fillos e Amigos da Estrada, ás 21.00 horas está programada a Nocturna, carreira polo casco urbano que se acompañará do acendido do alumeado festivo.

Escrito por Líder Redacción

Comentarios de las entradas (0)

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *