AD

Actualidad

O socialista Gonzalo Muíños, en contra do cambio das atraccións

today16 mayo, 2024

Fondo
share close
AD
  • O portavoz socialista propón un maior control policial na instalación das atracción

Santiago de Compostela, 15 de maio de 2024. Baixo a premisa de que “unha cidade é para vivila”, o grupo socialista saíu ao paso este mércores logo de que o executivo de Sanmartín anunciase a posibilidade de retirar as atraccións das festas do Parque da Alameda. O seu portavoz, Gonzalo Muíños, insiste en que “o respecto ao patrimonio non pode ser incompatible co desfrute dos espazos públicos da cidade” e lembra que ese mesmo argumento “foi o que usou ata hai escasos días o propio goberno para manter a instalación da orquestra na Praza do Obradoiro”.

“De novo en Santiago estase a xerar unha polémica por un anuncio sen traballar ao que lle sucederon varias explicacións da alcaldesa” critica Muíños, que cuestiona o proceder do bipartito con esta cuestión e a “confusión” que se está a xerar, “outra vez”, entre a cidadanía de Santiago: “uns din de quitalas da Alameda, outros que só quede a noria e outros que vaian para a avenida de Xoán Carlos I”.

O portavoz dos socialistas en Raxoi apela ás propias palabras da alcaldesa, que este martes subía ao seu Instagram unha imaxe desde a noria da Alameda na que publicaba “a visión desde a Alameda do corazón de Compostela sempre estará ligada ás festas da Ascensión e a tempo de lecer e diversión”: “recoñece ela mesma que as atraccións no parque forman parte da estampa das festas” recalca.

Maior control na instalación das atraccións

Muíños propón como posible solución na procura “dun maior coidado da zona” un incremento do control policial na instalación das atraccións. Neste sentido, lembra que esta mesma semana os socialistas denunciaron un operativo policial insuficiente durante a Ascensión, con un número de efectivos inferior ao mínimo que establece o decreto de servizos mínimos do departamento de Seguridade.

Así, segundo o edil socialista, “podemos falar de mellorar o coidado ou o control da zona durante a instalación” pero insiste en que “non podemos argumentar que se pode facer un concerto no Obradoiro porque hai que compatibilizar o coidado do patrimonio co desfrute dos espazos públicos, e que esa mesma lóxica non sirva para manter as atraccións na Alameda”.

NOTICIA RELACIONADA: 

A voltas coa noria: «Reubicar as atraccións depende dos técnicos non da concelleira»

Escrito por Líder Redacción

Comentarios de las entradas (0)

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *


0%